Case tódalas actividades que se levan desenvolvendo estos anos son dunha soa entidade, convencidos de promover a cultura en tódolos seus ámbitos dende a fundación realízanse actividades puntuais, marco principal dos fins que se persiguen.

Actualmente Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia  continúa enchendo a vida de moitos mosenses cunha grande cantidade de actividades en prol da cultura, o deporte e o benestar dos seus socios/as e as súas familias en particular e veciños/as en xeral.

Esta entidade conta con máis de 330 asociados. Persoas físicas que son maioritariamente veciños e veciñas da parroquia de Mos (Concello de Mos), aínda que moitos socios e socias veñen doutras parroquias do Concello e incluso de Concellos veciños como O Porriño, Ponteareas, Redondela, Vigo, Tui, Moaña,… a realizar algunas das actividades que vos propomos.

¿Por qué te animamos a facerte socio?
Sendo socio do Círculo formas parte dunha entidade que leva máis de 16 anos ininterrompidos cumprindo os fins contemplados no artigo 5º dos seus estatutos:

a. Proporcionar o maior benestar recreativo e entretemento a tódolos veciños en xeral e ós asociados en particular.
b. Intentar elevar o nivel cultural de tódolos veciños en xeral e dos asociados en particular.
c. Promover o desenvolvemento da parroquia en tódolos aspectos.

¿Quén pode ser socio do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia?
Calquera persoa física maior de idade poderá ser socio/a da entidade sempre que cumpra os seguintes requisitos:

a. Faga a súa solicitude por escrito, aportando debidamente cuberta a folla de inscrición con seus datos persoais e dúas fotografías. Pódese entregar o documento na conserxería ou dixitalizado vía email.
b. Pague a cuota fixada (ao segundo ano sen pagar será dada de baixa).

 

Socios de 18 a 25 anos.
Cuota de alta de socio: 15,00 €. (só o primeiro ano)
Cuota anual de socio: 15,00 €.

Socios a partir dos 26 anos.
Cuota de alta de socio: 30,00 €. (só o primeiro ano)
Cuota anual de socio: 40,00 €.

 

  • A condición de socio (unha única cuota) beneficia ó titular así como a súa parella e os seus fillos menores de 18 anos.
  • O período de vixencia das mesmas vai dende xullo dun ano ata xullo do seguinte.
  • Para as actividades de Gaita, Baile Galego, Coral Polifónica e Playback, posto que son subvencionadas e teñen un custe final de 3 €, é obrigatorio ter a condición de asociado.
  • A actividade de Rondalla é de balde para os socios e ten un custe de 15 € para non asociados.

 

TÁBOA DE ACTIVIDADES

Relación de actividades para este curso 2018/ 2019:

ACTIVIDADE PREZO (mensual) DÍA HORA
SOCIOS NON SOCIOS
Deporte IOGA 10 € 15 € Martes 21.00– 22.00 h.
XIMNASIA DE MANT.
(2h./3h. semanas)
10 €/15 € 15 €/20 € Luns, xoves e venres 21:30 – 22:30 h.
PILATES (1 h. semanal.) 16 € 19 € Luns 20:30 – 21:30 h.
Mércores 20:30 – 21:30 h.
Música, tradición e cultura PLAYBACK 3 € Só socios Sábados 15:00 – 18:30 h.
CORAL POLIFÓNICA 3 € Só socios Mércores 20:30 – 22:00 h.
ACORDEÓN 30 € 40 € Xoves 20:00 – 22:00 h.
BAILE GALEGO 3 € Só socios Sábados 12:00 – 14:30 h.
GAITA 3 € Só socios Venres 20:00 – 22:30 h.
PERCUSIÓN TRADICIONAL

(1 h. semanal)

10 € 13 € Luns 20:00 – 21:00 h.
Martes 20:00 – 21:00 h.
21:00 – 22:00 h.
GAITA INICIACIÓN Luns
RONDALLA­ de balde 15 € Sábados 20:00 – 22:00 h.

­ Os ensaios da Rondalla comezarán o sábado día 27 de setembro ás 20:00 h.

­ Terán prioridade de inscrición os participantes do ano pasado, despois os socios e por último os resto de interesados.

Manualidades e formación LABORES (sen confirmar) Venres 17:30 – 20:30 h.
PINTURA (1h. 30 min. semanais) 19 € 22 € Martes e venres 17:30 – 20:30 h.
COIRO 20 € 23 € Xoves 20:00 – 22:00 h.
TALLER DE MEMORIA 16 € 19 € Venres 10:00 – 11:00 h.
PROPOSTA DE NOVAS ACTIVIDADES
­ En función do número de interesados, e de acordo con estes, fixaremos os grupos e prezos.
COCIÑA Sen confirmar Venres 20:00 – 21:30 h.
GUITARRA Sen confirmar Mércores 20:00 – 21:00 h.
INFORMÁTICA Sen confirmar Martes 20:00 – 21:00 h.

 

­*Os prezos establécense contando cun grupo mínimo de alumnos. No caso de non cubrir esas prazas, o Círculo despois de chamar a todas as persoas inscritas, resérvase o dereito de cancelar o curso ou modificar o seu prezo.

Anótate (aínda que xa estiveses no curso anterior) antes do 15 de setembro no Pazo de Mos de luns a sábado de 17.00 h. a 21.00 h. ou enviando un correo a circulosantaeulalia@hotmail.com.

Ademais, para facilitar a tarefa de información e difusión, dende a Xunta Directiva rogámosvos a todos os socios/as que desexedes recibir información por correo electrónico, que nos enviedes un correo co voso nome e apelidos.