Neste apartado podes ver cales son os días sinalados do programa xeral e aqueles períodos do ano nos que converxen unha ampla oferta de diversas actividades. PULSE AQUÍ.

  • Primeira semana de xaneiro: Programa das festas do Nadal (ESPECIAL NENOS)
  • Día 3 de febreiro: Romaría de San Brais
  • Entroido popular: Festa da noite de disfraces
  • Segundo fin de semana de abril: Festa "Arde o Pazo"
  • Día 23 de abril: Día do libro (ANIMACIÓN Á LECTURA)
  • Día 17 de maio: Programa das letras galegas
  • Último fin de semana de xuño: Día do socio (C.C.D. Sta. Eulalia)
  • Primeiro fin de semana de xullo: Xuntanza de Comuneiros
  • Xullo e agosto as actividades anuais do C.C.D. Sta Eulalia e do Club de Xadres suspéndese, o novo curso comeza en setembro.
    Tempo dos obradoiros, visitas e información individualizada.
  • Primeiro fin de semana de setembro: Festival Intercéltico "O son do Pazo"
  • Segundo fin de semana de outubro: Celébrase a "Festa do Codillo"
  • Terceiro fin de semana de outubro: Xornadas micolóxicas e Foretais
  • No mes de decembro: Pasacalles da rondalla Sta. Eulalia de Mos
  • Segundo fin de semana de decembro: Encontro de corais
  • Segundo fin de semana de decembro: Cocido de Sta. Eulalia
  • Día 31 de decembro: Festa de fin de ano

Dende o Pazo de Mos tomamos bo exemplo do aproveitamento singular dos recursos que en colectividade posuímos, como son o Edificio “A Casa Branca”, sito neste o Albergue de Peregrinos en convenio coa Xunta, os terreos “A Carballeira” ou a “Pesqueira”, ambos con areas recreativas infantís, ou a finca “As Granxas” ó lado do Pazo cun amplísimo aparcamento.