Mos: Así comeza a crónica

posted in: Actualidade, Historia | 1

      O escudo actual de Mos ten as súas orixes no asentamento de María de Soutomaior e Alonso de Quirós no ano 1552 tras o casamento que lle outorgaría estas terras como dote de vodas do seu tío o Duque de Soutomaior.

      Xa nos últimos anos destes primeiros señores, aproximadamente en 1598 fixeron as súas expensas a Igrexa de Santa Eulalia de Mos. No lateral, decoración de placas típico do barroco galego, un escudo. Esta heráldica familiar destaca, non por casualidade, e transmitirase ó longo da historia ate ser o noso emblema municipal, deseñado por Faustino Menendez Pidal, destacado heraldista español, no ano 1974.

      Na descrición do blasón das armas marquesadas desta casa falamos dun escudo partido coa rosa vermella con talo e folla, representadas en cores naturais; o segundo de prata, tres faixas axadrezadas de dúas tiras de ouro e gules, cargadas de sendas parellas de nobre timbre.

Seguindo o discurso cronolóxico, recollemos aquí un fito na historia da heráldica de tal ilustre familia, como a de Soutomaior

“Si se halla en él su dueño, se ve tremolar en la torre la bandera jaquelada de amarillo y rojo, con la franja negra que ha dado lugar a la leyenda…” Dna. María Vinyals . El castillo de Marqués de Mos en Sotomayor 1905

 

Primitivamente atopamos o seguinte escrito:

“Prescindindo dun entronque fabuloso co Emperador Calígula, o berce da familia de Soutomaior parece basearse neste feito que se refiren todas as crónicas e xenealoxías con lixeiras variantes.

Sorred Fernández, fillo de Ferrán Saavedra, atopándose de caza en Léxica Duque de Cantabria, tivo a desgraza de ferilo mortalmente, e temendo o castigo do triste, aínda que involuntario suceso, presentouse ao rei godo Uvitiza, e declarando este acontecemento entregoulle a súa espada, suplicando déranlle morte con ela . O Rei outorgoulle o seu perdón, e recoñecida a súa inocencia, dacordo co pai da vítima casárono con Teresa, irmá deste, ordeándolle que na memoria de tan sanguento suceso ostentase loito eterno nas súas armas. Eran éstas as mesmas dos reis suevos, de quen descendía Arias Saavedra, e consistían en axadrezado de ouro e vermello sobre campo de prata, levando no medio unhas faixas ou bandas douradas, que aínda hoxe levan os Saavedras, e que trocou Sorred Ferrández en negro, como se ve no escudo da Casa de Soutomaior…”

 

Mos foi Vila, lugar de paso de ilustres, comerciantes, reis e tamén romanos…

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *