Exposición de Árbores Senlleiras

posted in: Actualidade, Dinamización, Natureza | 0

O Pazo de Mos acolle dende o día 8 de novembro unha exposición de árbores senlleiras da provincia, neste día estiveron presentes as autoridades locais e provincias alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,o concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Pérez, a deputada provincial, Eva Vilaverde Pego, a encargada técnica como guía da exposición, e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, e demais patróns da directiva da Fundación Pazo de Mos.

A exposición As Nosas Senlleiras foi deseñada no Servizo de Cultura da Deputación en colaboración coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Componse de 35 paneis de pvc de 80 por 60 cm, aproximadamente, con imaxes e datos das árbores máis significativas da provincia. Inclúe tamén un mapa onde van sinaladas as árbores nos seus respectivos Concellos e outro panel sustentante de maior dimensión cun texto introductorio. O resto de paneis van colgados na parede. Estes paneis acompáñanse dunha selección de árbores pequenas, en macetas, de xeito que a mostra resulte máis atractiva e didáctica, especialmente para os nenos e nenas.

A maiores, esta mostra conleva una actividade complementaria para os cativos ao cargo de Anxo Moure e titulada Verbas do Monte, na que se pon en valor o monte, o cuidado das árbores, os seus nomes e en xeral incídese no coidado da natureza. O teatro infantil a cargo de Anxo Moure que representará Verbas do Monte (As Nosas Senlleiras) terá lugar ás 12.00 horas do domingo 18 de novembro no Pazo de Mos. Mesmos data e lugar nos que se celebrará a Gran Degustación das Xornadas Micolóxicas de Mos 2018, xa que esta exposición atópase enmarcada dentro da programación municipal que xa é toda unha tradición mosense da estación de outono.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *