I Encontro de modelismo ferroviario

posted in: Actualidade | 0
O 29 e 30 de setembro son os días elixidos no que se exporán estas maquetas en escala N, na parroquia de Mos, no pavillón de deportes Patricia Martínez.

O acto da continuidade a que o ano pasado se celebrou no Pazo de Mos, unha mostra do ferrocarril onde se revivía, con documentos ou testemuñas, traxes, pezas ou maqueta que facían as delicias tanto de nenos como maiores. Neste caso máis de 2000 persoas rexistráronse por visita aínda que a nivel provincial.

Neste ano espérase, ao ser a convocatoria nacional, se incremente relativamente o número de visitantes de maneira salientable, pola calidade e a ambición dos actos.

Ademais deste acto a organización está a coordinar unha cea no Pazo de Mos onde todos os visitantes xa vinculados, asociacións e persoas que colaboren no acto terán o seu lugar.

E xa entrada na noite ás 23.00h. coincidindo con este acto haberá música de autor estilo pop, na terraza interior do Pazo, onde se empraza a cafetería, que pechará a programación último sábado de mes das noites de verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *