Nadal no CCD Santa Eulalia

posted in: Actualidade | 0

Chegou ó frio, por iso convidámosvos a participar nas actividades programadas para esta semana e o fin de semana:

  • TALLER DE DECORACIÓN DE NADAL:   dende o Círculo vos facemos chegar a seguinte proposta para que poidades decorar a vosa mesa, entrada…… con deseños feitos por vos mesmos. Realizarase nas semanas do 10 e 17 de decembro. Información no teléfono 604 022 842 (de 17:00 h. a 21:00 h).
  • Xantar para celebrar o día da nosa patrona SANTA EULALIA, o domingo 16, ás 12:30 haberá unha misa, onde faremos a ofrenda floral a Santa, seguida da procesión (se o tempo o permite) e actuación da Banda de Gaitas ” AIRÑOS DO CASTELO” do Círculo, na plazoleta do Pazo. A continuación o tradicional “cocido, ás 14:00 h. onde haberá sorteo para os asistentes o mesmo. ANOTÁDEVOS ANTES DO 11 DE DECEMBRO no teléfono 604 022 842 (de 17:00 h a 21:00 h).
  • ENCONTRO DE CORAIS: Como tódolos anos convidados as corais doutros municipios para pasar un bo rato cantando e festexando o nadal, será este sábado a partir das 20.00h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *