Presentación do festival de música celta

posted in: Actualidade, Dinamización | 0

        Este ano, o cartel volve estar a altura das expectativas coa presenza de grandes referentes como Leilía ou Xabier Díaz e as Adufeiras e ademais, a participación da banda irlandesa Back West permitirá facer realidade o vello son o dos organizadores de converter ‘O son do Pazo’ nun evento de carácter internacional. Por fin teremos connosco a unha banda dunha nación irmá, coa que nos sentimos unidos a través da cultura, as tradicións e o son das gaitas.

VENRES, 31 DE AGOSTO

22.30h Concertos:

  • Airiños do Castelo
  • Leilía
  • H2Folk
SÁBADO, 1 DE SETEMBRO

12.00h Festival BailaMos

13.30h Sesión Vermú:

  • A Vacaloura Vermella

16.30h Espectáculo infantil:

  • As Maimiñas

18.30h Ameniza

  • Treboada Baixo Miño

 

 

19.00h Obradoiro de baile:

  • Xisco Feijóo

21.30h Ameniza

  • Treboada Baixo Miño

21.30h Concertos:

  • Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
  • Backwest  IRLANDA
  • Andoa

 

        Máis Intercéltico ca nunca, o Festival non esquece as su as raíces e os grupos de Mos seguirán presentes no cartel. Coa implicación activa de tódolos membros do Grupo de Baile e a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, na presente edición refórzase a programación paralela con actividades para os cativos e un obradoiro de baile galego a cargo de Xisco Feijoo, que será recoñecido este ano co Premio Mestre Machiño que outorga a organización do Festival.

        Entre as actividades paralelas cabe destacar tamén o II Concurso de Relatos Curtos O Son do Pazo, o Festival Bailamos que se volverá celebrar no marco do festival, a exposición de instrumentos e traxe tradicional no Pazo de Mos ou o mercadiño de artesanía. O 31 de agosto e o 1 de setembro ímolo pasar en grande!

 

Estas son algunas das referencias do festival na prensa local de hoxe.

Leilía e Xavier Díaz encabezan o cartel do festival O Son do Pazo en Mos .- Metropolitano.gal

Leilía y Xabier Díaz encabezan el cartel del Festival Intercéltico O Son do Pazo de Mos. – Faro de Vigo

 

Artigos relacionados O Son do Pazo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *