Rías Baixas en Fitur

posted in: Actualidade, Video Post | 0

A campaña deste ano de Turismo Rías Baixas na Feira Internacional de Turismo é unha das moitas medidas que está tomando a Deputación de Pontevedra para promocionar a provincia. Mais esta campaña tamén garda unha estreita relación co Marquesa do de Mos

A propiedade do Pazo de Mos foi sucedendo por relación directa de descendentes ata chegar a Dona Luisa Correa e Soutomaior. O seu legado chega ata o que foi o último marqués propietario Don Antonio Correa e Aguilar, sen descendentes. É en 1908 que pasa a súa sobriña Dª María Vinyals , din que tras un boicot pola súa actividade socialista vese na ruína e recorre a venda de tódalas súas pertenzas.

Os 35.000m2  pasan ás mans de particulares sen relación de parentesco co antigo liñaxe, o primeiro comprador en 1947, Máximo Alonso. Foi vendido postumamente a José Fernández López de “Frigolouro” e máis tarde a Eulogio Gómez Franqueira de COREN.

A súa pertenza, trala inicial petición para a concesión do palacio da Asociación de Veciños Santa Baia de Mos no ano 1981, non tarda moito a facerse realidade.

A restauración proxectase a partires da súa estrutura orixinal, unha escola – taller de mozos/as dedícanse a canteiría. Isto non quere dicir que non houbese problemas, o primeiro foi o tempo, isto requiriu dunha man que diríxese a obra e o bo proveito dos recursos.

A Fundación Pazo de Mos constitúese no ano 2002 levada polas diferentes organizacións, que son os vecinos da parroquia.

Recentemente faise unha importante adquisición, as antigas parcelas do señorío, máis alá da Parroquia, onde poñer o  foco para dinamización do pobo de Mos e os seus arredores.

Artigos relacionados Turismo Rías Baixas: Fitur

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *