Categorías

Mostra do Ferrocarril

18/08/2017 · Actualidade

  Na Vila de Mos, que foi atravesada de Norte a Sur polo camiño de ferro Ourense - Vigo, trala aprobación por Real Orde da Xunta Consultiva de Camiños e Portos o 28 de Outubro de 1860, levouse a cabo nos anos 60 unha obra de vital importancia para os habitantes do lugar e para o desenvolvemento industrial e da poboación da contorna, que foi a modernización destas vías para a súa electrificación. Este avance ferroviario marcou un antes e un despois no transporte por ferrocarril, tanto de mercad...

leer más

Festival Bailamos

17/08/2017 · Actualidade

Un encontro xenial de tódolos membros dos grupos tradicionais do municipio mosense. Por segundo ano consecutivo, vaise a integrar dentro da programación do festival "O Son do Pazo" o festival "Bailamos", no que actuarán, na tarde do sábado (desde as 17.30 horas), máis de dez grupos de baile galego, percusión e bandas de gaitas do municipio mosense.

leer más

Festival O Son do Pazo

17/08/2017 · Actualidade

Unha das citas máis importantes do panorama folk, onde o público pode gozar non só de grupos galegos, senón tamén de grupos doutras culturas e pobos Celtas. Un novo reto para todos os colaboradores e veciños, que, lonxe de perseguir interese algún, están a traballar en prol da cultura dende os máis diversos e variados sentidos, dende a directiva do C.C.D.Sta. Eulalia de Mos que promove e da a coñecer a riqueza da música popular galega. Un ano máis os asistentes ao festival contarán cun lugar p...

leer más

Concerto de Donicelas

03/07/2017 · Actualidade

Pensamos en ampliar os beneficios da Arte e a Cultura coa diversidade, inclusión e pluralidade, a fin de contribuir ao desenvolvemento integral do noso municipio e veciños con actividades para tódolos públicos, que achegan á experiencia artística e á maxia do escenario.  Estamos preparando o evento da programción do Último Sábado domes para que pasedes no PazodeMos un rato agradable na mellor compañía e escoitedes todo o que nos trae este grupo veciño Donicelas Folk Tradicional.  

leer más

Musical Centrovisión 2017

27/06/2017 · Actualidade

Este ano como ente organizadora do concurso de Playback "Musical Centrovisión 2017", convidámosvos a que veñades a pasar unha boa e entretenida noite con tod@s nós ?????????? , nun evento presentado por As Maimiñas. Centrovisión2017 no Pazo de Mos.

leer más

Día do Socio 2017

22/06/2017 · Actualidade

Como tódolos anos por estas datas o C.C.D. Sta. Eulalia celebra a túa confianza e participación cunha gran festa, na que haberá exposicíóns, animación infantil, exhibición, concursos, ... e moitas moitas alegrías...

leer más

Noite de San Xoán

22/06/2017 · Actualidade

Convidámoste a fogueira de San Xoán que faremos ó carón do Pazo de Mos Venres, 23 de xuño A partires das 22:00 h.: ? Churrasco. ? Bocadillos de chourizo. ? Viño da casa e refrescos. ? Queimada. Amenizada polos gaiteiros do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia ORGANIZA: Comunidade de Montes, C.C.D.Sta.Eulalia de Mos e Asociación de Veciños Sta. Baia

leer más

Festa da Rosa 2017

03/06/2017 · Actualidade

A celebración mosense por antonomasia conta este ano cun cartel repleto de iniciativas comprometidas e actividades para gozar en familia. No Pazo de Mos, terá lugar tamén a celebración do Día Grande da Rosa, o martes, 13 de xuño. Cabe destacar que como cada dous anos o Concello de Mos entrega as Medallas ao Mérito. Neste 2017 celebrarase novamente a Gala de Entrega con motivo das Festas da Rosa o domingo 25 de xuño ás 20.30 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. As comunidades de ...

leer más

Recital "Verbas no Val da Louriña"

30/05/2017 · Actualidade

O vindeiro sábado 3 de xuño de 2017 recitaremos entre 10 é 15 poetas do grupo Brétema con poemas propios de cada autor, en castelán e galego, tamén contaremos coa Coral Sta Eulalia de Mos para este evento, a entrada será de balde, e o acto comezará ás 18.00 horas aproximadas ata as 20.00 horas

leer más

Festival Canto Conto

30/05/2017 · Actualidade

O festival celebrarase o vindeiro domingo 18 de xuño, incluído na programación das Festas da Rosa 2016, nos exteriores do Pazo de Mos, contando coas actuacións de  Mamá Cabra (12.00 horas), Brincavai (13.30 horas), María FumaÇa (16.45 horas) e Uxía Lambona e a banda molona ás (19.00 horas) .

leer más

Celebración das Letras Galegas 2017

29/04/2017 · Actualidade

Neste mes facemos homenaxe a un escritor galego con actuacións e exposicións para todos os públicos: Carlos Casares   Caxoto é un dos contadores infantís mais recoñecidos do panorama galego. A Trastenda está chea de magníficos contos e fantásticos espectáculos para diferentes idades e temáticas: O Berce das Verbas (bebés), Contos de Medo (Samaín) , Contos Vellos e Novos Finais (Igualdade), Contos Musicais, Contos de Medo ...  entra na Trastenda e deixate levar.

leer más

Programación das Letras Galegas

29/04/2017 · Actualidade

Neste mes facemos homenaxe a un escritor galego con actuacións e exposicións para todos os públicos: Carlos Casares       Historias de Vida, Guerra, Amor e case Morte é un fermoso espectáculo que inclúe narración oral, música ao vivo, cancións, comicidade e elementos teatrais. Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas dende a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bagoas, lembranzas e sorrisos. Unha proposta incrible dirixida a adultos e maiores cunha sensib...

leer más

Exposición do traxe tradicional galego

27/04/2017 · Actualidade

Tangaraño en colaboración co Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos, organizará unha fantástica exposición. Inaugúrase o domingo, 30 ás 12.00h. Horario de visitas: de Luns a Sábado de 17.00 a 21.00h. Esperamos a vosa visita!!

leer más

FESTA DO CODILLO 2016

28/09/2016 · Actualidade

Dende a xunta directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos. Convida a súa asociación Ós actos que con motivo da XVII Festa do Codillo celebraranse os días 17 e 18 de outubro na contorna do Pazo de Mos. Aproveitamos a ocasión para testemuñarlle a nosa consideración. www.circulosantaeulalia.com Agradecemos de antemán calquera aportación que podades facer e pedimos a vosa colaboración para difundir este cartel.

leer más

Eventos programados para maio e xuño

20/05/2016 · Actualidade

14 de maio: Inauguración da exposición "Escenarios da Prehistoria" 22 de maio: Celebración Letras Galegas 28 de maio: Monólogo Isabel Risco ás 21.30h 4 de xuño: Concerto Ollos pretos ás 21.30h 5 de xuño: no día do Medio Ambiente "Sombras chinas para nenos" ás 18.00h.  

leer más

Fundación Pazo de Mos informa

30/03/2016 · Actualidade

A comezos deste ano o padroado da Fundación Pazo de Mos comeza a traballar nunha programación diferente ata o de agora, como contrapartida das normais e tan diversas, deportivas e culturais, deste centro.  O fin non é outro que repercutir na promoción cultural e creativa de Mos, conquistando uns hábitos e espazos de encontro tódolos últimos sábados de cada mes.

leer más

Cinema en xaneiro

25/01/2016 · Actualidade

O padroado da Fundación Pazo de Mos, convídavos a asistir ás proxección destes films, unha das actividades máis das que se desenvolven este mes de xaneiro.

leer más

BASES IV MERCADO DE ARTESANÍA, GASTRONOMÍA E PRODUTOS DA TERRA” Codillo 2015

29/09/2015 · Actualidade

Para poder participar no mercado deberá poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico (circulosantaeulalia@hotmail.com) ou no teléfono 658.470.255 Unha vez autorizada a participación no mercado, deberase achegar debidamente cuberta e asinada, a solicitude de participación que lle facilitará a organización, podendo presentala por correo electrónico(circulosantaeulalia@hotmail.com) ou na conserxería do Pazo de Mos, os Venres de 17:30 a 21:00 h. A data límite é o 10 de out...

leer más