No ano 1979 constitúese esta asociación. Comeza coa súa intensa actividade que mantén ata o día de hoxe, comprometida sempre coa súa contorna.

Destacamos un feito moi importante, o 31 de xaneiro do 1980 ábrese un expediente por solicitude da Asociación de veciños para que lle sexa cedida a antiga casa consistorial que está desafecta. Dende o 1943 víñanse prestando os todolos servizos burocráticos na actual Casa do Concello. No ano seguinte, da súa petición cando se apróbase a cesión de uso gratuíta.

Nesta época a Comunidade de Montes ingresa á esta entidade unha cantidade periódica para promover iniciativas que conduzan á mellora en dotacións necesarias da veciñanza.

O seu papel máis destacado tívoo na loita pola defensa e conservación do noso patrimonio. Así comezaba a nota de prensa daquel mércores, 13 de abril de 1983.

Días pasados, ante el notario de O Porriño, Señor Cunqueiro, ha sido firmado el documento de donación del palacio de Mos, a favor de los vecinos de dicha parroquia. Con ello culmina la primera fase de un hermoso proyecto que hace mucho tiempo ilusiona a los vecino de Mos. La segunda fase será la posible reconstrucción del viejo “pazo” para ser dedicado a fines culturales y recreativos a favor de todo el vecindario.

E así continúa coa súa labor fomentando a unión, contacto e relación con outras asociacións da parroquia e de interese xeral.

No ano 2001 os socios da cooperativa da Carballeira acordan ceder o terreo e edificio a favor dos veciños, neste caso da asociación, que se comprometerán a súa mellora.

No

Despois de todo estamos a falar dun feito vital, o aproveitamento dos nosos recursos, clave para o rendemento e o beneficio que perseguimos.

¿Cales son os fins da nosa actividade?

  • Media entre os veciños e Administración Pública ou entidades privadas como parte interesada.
  • Canaliza e expón as opinión dos socios/as.
  • Promove xestións ante autoridades e organismos públicos e privados para a realización de actividades culturais, recreativas, dotacións, etc.
  • Promove iniciativas que conduzan á solución dos problemas dos asociados.
  • Fomentar a unión, contacto e relación con outras organizacións veciñais, culturais e deportivas.