X Aniversario do Pazo de Mos

O Padroado da Fundación Pazo de Mos conmemorou o X Aniversario dende a súa inauguración, cos actos que  programados a tarde do sábado 10 de novembro de 2.018, no seu auditorio que reuniu preto de 200 persoas.

Consolidada agora como espazo para a cultura de referencia a nivel provincial no que respecta ao intercambio de ideas e experiencias coas asociacións e entidades públicas e privadas, pretende con elo o recoñecemento como iniciativa local.

No evento fíxose un repaso á traxectoria da Fundación a través dun vídeo, que aquí vos deixamos, no que algún dos veciños que viviron de primeira man a restauración de tan emblemático edificio ou equipamento das súas instalacións aportaron a súa visión. Mentres que outros só das actividades que desenvolven puntual e periódicamente nel ou nas súas asociacións.

O acto foi moi sinxelo no que se tentou facer deste unha tarde distendida na que ademais de alegría por poder festexar xuntos (veciños, asociacións e administracións)  e se puidesen facer claras reflexións e balance dos apoios sinceros e desinteresados neste tipo de iniciativas, no que a defensa do patrimonio non pode levar detrás uns intereses particulares ou privados.

No acto destacouse o gran valor histórico que ten o edificio e a súa importancia como insignia de identidade cultural do municipio, ademais de estar nunha situación privilexiada, o Camiño Portugués histórico e do interior. Idea que hai que trasladar posto que dado ás miles de cidadáns de todo o mundo, que pasan pola nosa Vila, calquera que nos visita valora máis o noso patrimonio que nós mesmos.

A súa orixe

A construción do Pazo de Mos data do século XVI con dúas alas en forma de L e construído en dúas fases: primeiro o andar leste e posteriormente o andar norte, a comezos do século XVIII. Este edificio, dos máis suntuosos e señoriais de Galicia, era a residencia dos Marqueses de Mos ata que foi queimado e destruído parcialmente polos soldados franceses nos primeiros anos do século XIX, e pasou a ser a súa segunda vivenda. Apenas uns lustros de acadar o seu maior esplendor a estrutura e outras figuras, por diversas inclemencias, atoparíanse gravemente deterioradas.

Na década dos sesenta do século pasado toda a propiedade, finca e Pazo, foi adquirido pola empresa Industrias Frigoríficas do Louro, construíndo varias naves dedicadas á cría de gando vacún. Ó comezo dos anos 80 cambiou de propietario ó ser adquirido polo Grupo Coren, empresa que cedeu a propiedade da ruína do Pazo os veciños.

A reconstrución e rehabilitación do Pazo foi realizada en varias fases, en primeiro lugar, mediante un acordo co Concello de Mos que realizou as primeiras obras, e posteriormente os veciños realizaron unha cesión de uso a favor do Concello co obxectivo de solicitar unha escola taller para realizar a reconstrución. Esta foi aprobada e estivo operativa durante un tempo pero os resultados non foron os esperados. Os veciños, vendo a pouca importancia que tiña a reconstrución para o Concello solicitaron a cancelación da cesión de uso, sendo esta efectiva no ano 2001.

Como a cesión realizada polo Grupo Coren fora feita á Asociación de Veciños e os fondos necesarios para a reconstrución deberían ser aportados pola Comunidade de Montes, ambas entidades decidiron crear a Fundación Pazo de Mos, que pasou a ser a propietaria do Pazo.

A partires desa data deuse o impulso necesario á obra ata alcanzar a súa finalización e inauguración o 2008.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *