É unha entidade sen ánimo de lucro fundada o 20 de febreiro de 1982. Durante 8 anos desenvolveu diversas actividades ata que o 11 de febreiro de 1990 iniciou un período de inactividade que durou sete anos. O 6 de abril de 1997, retomouse o proxecto que serviría para transformar e dar pulo á parroquia nai do Concello de Mos.

Dezaseis anos despois, esta entidade continúa enchendo a vida de moitos mosenses cunha grande cantidade de actividades en prol da cultura, deporte e o benestar dos seus socios e as súas familias. Neste tempo a historia da nosa parroquia ten no Círculo ao seu actor máis destacado, sendo un referente no Concello de Mos polo número de actividades que se desenvolven e porque ademais ten conseguido levar o nome de Mos máis alá das súas fronteiras, con actos e festas dunha importancia relevante.

Conta con máis de 330 asociados. Persoas físicas que son maioritariamente veciños e veciñas da parroquia de Mos (Concello de Mos), aínda que moitos socios e socias proveñen doutras parroquias do Concello e incluso de concellos veciños como O Porriño, Ponteareas, Redondela, Vigo, Tui, Moaña…

Asociación Santa Baia de Mos

Comunidade de Monte Salgueirón de Mos

Club Xadrez Mos