O Club Xadrez Mos nace en novembro de 2014, cun acto de presentación do Club no Pazo de Mos o día 22.

O club componse duns 50 socios actualmente, e está dirixido por unha xunta directiva formada por 5 membros:
- Presidente: Pedro González
- Secretario: César Peréz
- Tesoreira: María
- Vogais: Juan José González e Brais Otero.

Ademáis do Concello de Mos, e a Fundación Pazo de Mos contamos coa colabouración doutras entidades e empresas do noso concello:
- Centro dotacional de Torroso
- Aki
- Deportes Gonzalez
- Disgobe


Actividades:


  • Todos os sábados día para os socios na biblioteca de 17:00 a 19:30.
  • Os venres adestramento na cafetería de 20:00 a 22:00.
  • De xaneiro a abril: liga galega de xadrez 3ª división.
  • En marzo: liga de 4ª división.
  • I liga interescolar do concello de Mos, en abril de 2015.
  • Calendario de torneos escolares de abril a novembro.
  • Campamento de verán nos meses de xullo e agosto.
  • Torneo de verán ao fin do mes de agosto. *
  • Torneo do Nadal entre a semana de Nadal e o fin de ano.
* (Suspendido)


Logros


Na nosa curta vida os nosos logros son:

  • 5º Clasificado na liga de 3ª división galega.
  • 8º e 12º clasificados na liga de 4ª división.
  • 1º Clasificado por equipos na categoría de Benxamín no torneo Peón de Oro celebrado en Mondariz, Pontevedra. 18.04.2015
  • 1º Clasificado por equipos na liga interescolar do Concello de Mos, Pontevedra. 25.04.2015
  • 4º Clasificado por equipos na liga interescolar do Concello de Mos. Club Xadrez Mos Promesas, os pequenos. 25.04.2015

Asociación Santa Baia de Mos

Comunidade de Monte Salgueirón de Mos

C.C.D. Santa Eulalia de Mos