A cuarta parte do territorio galego, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en propiedade comunal. Este ven a demostrar que esta figura non só ten importancia como sinal de identidade e da cultura do noso país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

No 1981 os veciños da parroquia Santa Eulalia de Mos comezan a xestionar o coidado e vixilancia do monte. É preciso recoñecer a contribución do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental.

  • Sinalización do monte para recollida de setas, castañas e froitos silvestres.
  • Xornadas forestais (micoloxía, apicultura, educación ambiental…).
  • Motor de emprego local.
  • Permisos para recollida de leña polos comuneiros.
  • Corta de leña para servir ós comuneiros a prezos de custe.
  • Sinalización do monte (rutas de sendeirismo).
  • Plantacións, cortas, podas, roza…
  • Reparación de pistas forestais.
  • Depósitos contra incendios.
  • Áreas recreativas.

Asociación Santa Baia de Mos

C.C.D. Santa Eulalia de Mos

Club Xadrez Mos