Os montes galegos foron sempre un recurso imprescindible para a pequena explotación de subsistencia campesiña, para a obtención de enerxía, cama para o gando, pasto, madeira para construción, etc., e mesmo polo apoio por conveniencia das clases rendistas que non permitiu á administración local facerse coa súa propiedade.

Como forma de propiedade xermana que é, en calidade de veciños, o 25 de novembro do 1981 rexistran esta entidade que no conseguinte dedicarase á xestión, coidado e vixilancia do monte, despois dun esperado recoñecemento legal dos dereitos de propiedade da man da aprobación de sucesivas leis (1968, 1981, 1989), por un proceso de devolución da propiedade das terras co cambio da política forestal.

As comunidades de montes veñen de ter problemáticas moi diversas (ocupacións, usos, … ), que está ben afondar nas súas raíces para dar unha solución de continuidade, recuperar a harmonía e saír gañando todos, e en particular os veciños/as coa súa labor.

A través do tempo as distintas directivas que se embarcaron nesta labor. Reinvestiron os ingresos sobrantes co consello ou criterio das asembleas xa ben en obras ou servizos para a comunidade (muros, estradas,…) ou coma é salientable nesta parroquia na posta en valor do monte veciñal desde el punto de vista patrimonial e cultural.

No ano 2002 constitúese entre a Asociación de Veciños Sta. Baia e a Comunidade de Montes a Fundación Pazo de Mos coa finalidade de rematar a recuperación do inmoble, encargarse do seu mantemento.

Mais é preciso recoñecer, sobre todo, a contribución do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental.

    • Sinalización do monte para recollida de setas, castañas e froitos silvestres.
    • Xornadas forestais (micoloxía, apicultura, educación ambiental …)
    • Motor de emprego local
    • Permisos para recollida de leña polos comuneiros
    • Corta de leña para servir ós comuneiros a prezos de custe.
    • Poxas suxeitas ao Plan de Ordenación onde se exporta madeira
    • Sinalización do monte (rutas de sendeirismo, parques,…).
    • Plantacións, cortas, podas, roza …
    • Reparación de pistas forestais.
    • Depósitos contra incendios.
    • Áreas recreativas.