Categorías

Festival O Son do Pazo

17/08/2017· Actualidade

Unha das citas máis importantes do panorama folk, onde o público pode gozar non só de grupos galegos, senón tamén de grupos doutras culturas e pobos Celtas.

Un novo reto para todos os colaboradores e veciños, que, lonxe de perseguir interese algún, están a traballar en prol da cultura dende os máis diversos e variados sentidos, dende a directiva do C.C.D.Sta. Eulalia de Mos que promove e da a coñecer a riqueza da música popular galega.

Un ano máis os asistentes ao festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos. A acampada será gratuita e se poderá facer no Pavillón Patricia Martínez, xunto ao Colexio Maestro Martínez Alonso de Castro-Mos.

A novidade deste ano é que o recinto do festival contará no seu interior con varios "food truck" nos que se poderán adquirir comidas e bebidas sen desprazarse nin saír do recinto.

E todo esto o 1 e 2 de setembro.

 

20375946-1627633573937895-1357994486928146686-n.jpg

Descargar