Natureza e patrimonio

posted in: Bitácora, Deporte, Fotografía | 0

Hai un conxunto moi atractivo de rutas para realizar senderismo ou rutas de montaña que permiten coñecer a riqueza paisaxística de maneira entretida e respetuosa co medio ambiente na contorna deste enclave privilexiado. Aquí é posible gozar dun interesante patrimonio arquitectónico ademáis de bosques comunitarios, augas cristalinas do Río Louro , unha oportunidade de pasear neste sendeiro ecolóxico por unha ribeira fluvial e verdes prados que sirven de protección á variada flora e fauna autóctona.

Non hai muíño sen regato ou río, nin río en Galicia que non teña un muíño

Todo un mundo natural e riqueza paisaxística por percorrer entre impresionante vexetación e coa oportunidade de ver dende corzos a cabalos salvaxes. Ademais, convértese nun destino ideal para os amantes das andainas e do sendeirismo, un protagonista indiscutible en outono, a mellor forma de contemplar a increíble explosión de colores.

É destacable a existencia de varios puntos no monte con impresionantes panorámicas destacando entre todos o Miradoiro da Caseta no lugar de As Barandas, con extraordinarias vistas sobre o Val da Louriña, a Ría de Vigo e os montes do contorno de Vigo (O Galiñeiro, Vixiador, Monte Aloia…).

Este lugar é ademáis punto de paso dunha das sendas que transcorre por este monte, o Sendeiro Histórico de Mos (PGR-67), que recorre 17,8 km na zona sur de Pontevedra e goza dun especial atractivo desde o punto de vista paisaxístico, as formaciones vexetais autóctonas, ademais da beleza visual.

Ten ademáis conexión co Sendeiro das Greas (GR-58), sendo o máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

Parte do trazado da vía romana número XIX pasa polo nosos montes e coincide nalgún tramo co Camiño de Santiago, por exemplo ao seu paso polo Pazo de Mos. Esto case demostra que a expresión todos os camiños chegan a roma”, durante o imperio romano tivo un sentido case literal, e hoxe en día sigue xerando prosperidade, 2000 anos despois.

No monte veciñal de Mos ademais existen diversos achados, segundo consta no Catálogo de achados Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

  • Castelo da Gándara
  • Alto do Chan do Marco
  • As Barandas

Neste momento estánse estudiando na superficie do terreo, concedida xa a autorización de excavación, limpeza, rexistro dixital e prospección da contorna dunha rocha con gravados para tal efecto, actividades de conservación e revalorización do patrimonio.

Enlace relacionado Sendas para descubrir o País

Follow admin:

Latest posts from

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *