Se queres atopar algún dos servizos que descoñecías nesta parroquia esta é a información que te podemos ampliar.

CAFETERÍA DO PAZO

        Este servizo é unha cesión de espazo das nosas instalacións que se renova cada dous anos, a través dun concurso aberto, cunhas bases establecidas, a calquera interesado principalmente con interese no sector de actividade.

Inclúe dúas terrazas, ideais para a tempada de estío. Unha delas linda pola dereita co mesmo camiño portugués, antano Calzada Real, que se popularizou, sobre todo, a partir do século XII trala independencia de Portugal. Reis, nobres e altos clérigos contribuíron a asentar unha gran devoción xacobea, como a célebre de dona Isabel de Portugal, a “Raíña Santa”, no século XIV, que ofreceu ante o altar de Santiago a súa corona e foi enterrada cun bordón de peregrina.

Hoxe em día o Camiño Portugués polo interior é o segundo con máis concurrencia dos 10 diferentes recoñecidos pola Xunta de Galicia.

É espazo amplo, perfecto onde tomar unas cervexas ou cafés coa familia o cos amigos. Excelente lugar, tranquilo e señorial para facer un alto no camiño. E ademáis fai periódicamente eventos culturais en colaboración coa fundación, tales coma magos, cantautores ou monólogos na programación do último sábado de mes que se leva a cabo no Pazo.

A utilización da cafetería para a contratación de un servizo de restauración negociarase directamente coa persoa concesionaria no teléfono 646190094. Estos se prestarán nos espacios destinados a tal fin, entendendo como tales as instalacións dunha parte da cafetería do Pazo e a sala multiusos, sendo o acceso ás instalacións do Pazo e exposicións nos horarios anteriormente mencionados.

HORARIO: De 11.30 a 23.00h de luns a domingos

  • As fins de semana pechan máis tarde.
  • Ademáis poderás atopar as instalacións abertas os festivos.
  • Os martes de xullo e agosto permanecerán pechadas as instalacións.

 

CENTRO DE INTERPRETACIÓN

       Ten como propósito dar a coñecer aos veciños e veciñas e a todos os cidadáns, o patrimonio cultural, arqueolóxico, etnográfico, e forestal de Mos. A difusión dos bens patrimoniais da nosa contorna ten como obxecto concienciar no coidado, protección e conservación dos elementos materiais e inmateriais que conforman a nosa cultura.

        Queremos facer finca pé na importancia da posta en valor do recursos da nosa parroquia, por tratarse do núcleo histórico de desenvolvemento do noso municipio, e un dos máis visitados de Mos, necesita dun coidado exquisito para que poida cumprir coas súas funcións económicas, sociais e ambientais.

 

PROGRAMACIÓN CULTURAL

Tódolos últimos sábados do mes tedes una cita coa cultura: cine, maxia, teatro, música, monólogos e moito máis da man dos artistas e profesionais máis variopintos do panorama galego e mundial. Aínda que isto non é todo por que esta entidade, non é máis que una coordinadora de eventos de relevancia que chegan das iniciativas de asociacións de cada rincón do Concello de Mos.

Para consultar so tedes que entrar no calendario na páxina de inicio ou seguirnos no blog ou nas redes sociais. Claro que se queredes información periódica so tedes que suscribiros premendo no seguinte enlace.

 

SALA DE ORDENADORES

        Dispoñemos de varias computadoras para o uso normal de calquera usuario, e prioritario para estudiantes.

Taller de alfabetización dixital: Para familiarizarse co que atañe á información e coñecemento, dende a súa xeración e organización ate a súa utilización de maneira que sexan capaces de transformarla, utilizala ou transferila dixitalmente, cada luns de setembro a xuño desenvolvese esta actividade, cun número reducido de alumnos/as.