Salas
Destinados á localización de diversos traballos e formación, e ao desenvolvemento e exercicio de actividades empresariais (presentacións de produtos e/ou servizos, reunións...). Inclúe: calefacción, enerxía eléctrica, wifi e servizos de conserxería.

Auditorio
Un espazo privilexiado con aforo aprox. de 200 persoas que ocupa unha zona aberta e habilitada para conferencias, xornadas, seminarios, actuacións, cerimonias, etc. Inclúe: megafonía, video, proxector, equipo de son...

Sala de ordenadores, sala de pintura e biblioteca
Sala equipada con todo o necesario para a realización de cursos de formación, estudo, etc. Ademais, realizase a formación aos usuarios normais no centro na procura da capacidades esencias e na consolidación da idea dun servizo á comunidade.

Sala multiusos
Superficie aproximada de 150m2, destinado a uso colectivo adestramento físico, sala de exposicións, actos varios ou servizos de catering. Conta con equipo de son, climatización, aseos propios.

Zonas comúns e de espera
Entre outras: vestíbulos de acceso, recepción e secretaría, centro de interpretación, almacén, cafetería, aseos.

Oficinas da comunidade
Atención individualizada a persoas ou grupos interesados: informando sobre as súas funcións, os seus plans ou ámbitos de actuación, instalacións que abarcan. Todo isto, mediante a colaboración na xestión cultural para contribuír na boa traxectoria dos creadores.