Categorías

Mostra do Ferrocarril

18/08/2017· Actualidade

 

Na Vila de Mos, que foi atravesada de Norte a Sur polo camiño de ferro Ourense - Vigo, trala aprobación por Real Orde da Xunta Consultiva de Camiños e Portos o 28 de Outubro de 1860, levouse a cabo nos anos 60 unha obra de vital importancia para os habitantes do lugar e para o desenvolvemento industrial e da poboación da contorna, que foi a modernización destas vías para a súa electrificación.

Este avance ferroviario marcou un antes e un despois no transporte por ferrocarril, tanto de mercadorías como de viaxeiros.

En base a este acontecementos, e motivado pola importancia que na súa época tiveron estas obras, os veciños de Mos, decidimos lembrar tódolos acontecementos, persoas e institucións que fixeron posible a execución destas obras.

Publicidade En A3.pdf

Descargar