A parroquia de Mos é unha das dez do municipio do mesmo nome e ocupa unha superficie de 1132,5ha, o 21,15% do total do municipio. Os seus usos e costumes son variados, a producción principal é a da madeira, que se compatibiliza cos usos tradicionais de pastoreo extensivo para todo tipo de gando, rozas de matogueiras para esquilmes, recollida de leña, etc.

 

Aínda que cada vez máis escasos, incorporáronse outras posibilidades de aproveitamento:

  • Madeiras: A especie principal é o Pinnus pinaster, tamén moi presente o Eucalyptus globulus, en menor medida o Pinnus radiata e Psedotrsuga menziessi, e considerable a superficie de Castanae sativa micorrizado.
  • Rozas e esquilmes: Coa desaparición do aproveitamento por parte dos veciños, debe terse en conta na defensa contra lume pola cantidade de material conbustibe e épocas de sequía.
  • Caza: Están incluídos como terreos de réxime cinexético común.
  • Mananciais: Teñen dereito a empregar as augas fluviais, estancadas, as que nazan e rezumen ou subterránes.
  • Esparcimento: Con lugares aptos para un gran número de actividades lúdicas.
  • Micoloxía: Creación de rodais ocupados por castiñeiro con aptitude para a producción de cogumelos.

 

Para a recollida de cogumelos e outros será necesaria autorización expresa da Comunidade de Montes,que e extende dos meses de outubro a febreiro.

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 50/2014, de 10 de abril, por el que se regulan los aprovechamientos madereros y leñosos, de corcho, de pastos y micológicos en montes o terrenos forestales de gestión privada en la Comunidad Autónoma de Galicia y el contenido, organización y funcionamiento del Registro de Empresas del Sector Forestal.

Artículo 44.2. Los aprovechamientos para consumo propio y los aprovechamientos con fines científicos o didácticos son libres, excepto que la persona titular regule el acotamiento de su aprovechamiento en el instrumento de ordenación o gestión forestal o comunique el acotado de este aprovechamiento, en cualquier caso debiendo señalizarlo.

Velarase por unha xestión forestal sostible, capaz de cumprir cos esixentes requisitos establecidos polos sistemas internacionales líderes en certificación forestal: FSC e PEFC.

 

  • Entidade promotora dos aproveitamentos: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común " Salgueirón" de Mos
  • Autorización/ Carné: Froitos do bosque, castanas e cogumelos
  • Renovación do permiso: Anual por tempada (outubro - febreiro)
  • Custe da actividade: Entre 10 e 20€/ persoa