Tal e como consta na acta fundacional desta entidade, o sábado 20 de febreiro de 1982 se celebrou a primeira asemblea xeral de socios do Círculo Cultural, momento que marcaría o punto de partida desta asociación que nacía para ser referente e dinamizadora da parroquia de Mos no eido da cultura e o deporte.

Aínda que o impulso necesario foi o 6 de abril de 1997, coa convocatoria noutra onde se inicia un novo proceso, modificando e reorganizando a estrutura desta entidade para adaptala a un novo tempo así como con acordos coas institucións para acadar os locais e medios mínimos para iniciar o traballo.

Procurouse facer visible este proxecto coa aposta compartida coa Comunidade de Montes de facer a I Xuntanza Veciñal, xornada que foi aproveitada para dar a coñecer o proxecto ó que se asociaron grande cantidade de veciños. Co inicio do curso se puxeron en marcha un importante número de actividades con moita participación dos socios. Comezaron tamén a facerse outros actos e eventos como un torneo de fútbol sala, un magosto, unha comparsa para o Entroido, o enterro da sardiña, as Letras Galegas,…

Nese afán por buscar novas ideas para ilusionar ós veciños e ós socios en particular, creando un evento de grandes dimensións no que Mos se convertese nun referente, pensouse en facer unha festa gastronómica, posto que no Concello de Mos non había ningunha festa importante desas características. Despois de barallar varias opcións, propúxose o Codillo, unha parte do porco que ata ese momento non se enxalzaba en ningunha festa de Galicia. A Festa do Codillo se consolidou como festa gastronómica por excelencia do concello situándose tamén como un referente provincial.

No ano 2000 houbo formidable aumento de bailaríns na actividade de baile de salón situou a esta entidade como a maior canteira de baile en Galicia, sendo escaparate polos éxitos acadados en moitos dos campionatos celebrados na comunidade autónoma e en programas da TVG.

Nesta etapa tamén se impulsaron actividades o que pasaría a denominarse Festival Día do Socio, se comezou a facer a Romaría de Santa Eulalia, o Encontro de Corais de Nadal, e os intercambios culturais co grupo de baile galego.

E foi tamén nestes anos cando a Rondalla Sta. Eulalia a participar en tódolos certames e concursos dos concellos limítrofes toma un novo pulo aumentando considerablemente o seu número de compoñentes e pasando a ser unha das formacións máis relevantes e admiradas deste xénero. A súa traxectoria derivada do traballo dos seus directores, das xuntas directivas, a implicación dos seus compoñentes e o importante aumento da banda de Gaitas Airiños do Castelo como eixe central da rondalla, foi recoñecida coa medalla ó mérito cultural do Concello de Mos.

…pasando a ser unha das formacións máis relevantes e admiradas deste xénero…

Neste tempo a historia da nosa parroquia ten no Círculo ó seu actor máis destacado, sendo un referente no Concello de Mos polo número de actividades que se desenvolven e porque ademais ten conseguido levar o nome de Mos máis alá das súas fronteiras, con actos e eventos de certa relevancia.

Acepta da man da Fundación Pazo de Mos para continuar desenviolvendo a súa actividade no recente reconstruído Pazo de Mos, ese mesmo ano entra a formar parte do seu padroado, xunto a Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños Sta. Baia, establecendo alí a súa sede dende o ano 2008.

 

Continúa coñencendo a nosa actividade

 

  • Proxecto: Dinamización cultural
  • Ámbito: Público en xeral
  • Ano: 1981