A transición no rural a outra forma de relacionarse globalmente mudaron a forma de ver a agricultura, a propiedade, as sociedades rurales e o medio ambiente.

O obxectivo é conseguir un monte multifuncional, vivo, dinámico, sustentable, rentable económicamente para os seus propietarios, así como recuperar terreos degradados, e que ademais xeren beneficios para a sociedade no seu conxunto.

 

Descrición: É imprecindible a cultura tanto como a formación encamiñadas a lograr a realización das persoas no seu medio. Neste eido o deseño de novos modelos de aproveitamento do solo común pode ser un bo punto de partida e garantía para preservar a natureza e os beneficios, no tanxible e no intanxible. Os cursos de xardinería, poda e tarefas do campo son unha actividade destacada.

Descrición:  Unha das actividades deste ano foi a organizada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no auditorio exterior do Pazo de Mos no mes de xuño. No programa “Un chef no Rural” preténdese concienciar da importancia de consumir no pequeno comercio e local co fin de contribuir  á sosteñibilidade medioambiental, favorecer a economía local  e respetar a biodiversidade.