A Festa do Codillo xurde gracias ó afán da primeira xunta directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, por buscar novas ideas para ilusionar a tódolos veciños e ós socios en particular. Queríase facer un evento no que Mos se convertese nun referente.

Pensouse en facer unha festa gastronómica, posto que no Concello de Mos non había ningunha festa importante desas características. E así, despois de barallar varias opcións, propúxose o codillo, unha parte do porco que ata ese momento non se ensalzaba en ningunha festa gastronómica de Galicia.

Este evento chegou o 8 de novembro de 1998 baixo a denominación de I ed. Festa do Codillo, facéndose realidade unha das ideas máis orixinais e importantes que desenvolvería o Círculo. E actualmente é unha festa consolidada que atrae cada ano a milleiros de persoas, converténdose na máis importante destas características.

Dende o ano 2009 estableceuse como data fixa para a súa celebración o terceiro domingo de outubro. Nesta edición, como cada ano, o emprazamento da festa será na contorna peonil do Pazo de Mos.

Na Festa do Codillo de Mos podemos saborear polo prezo de 10 euros, unha receita de codillo de porco ó forno composta por dúas partes de codillo con arroz branco e chícharos, acompañado dunha salsa cun toque picante e servido todo nun prato de porcelana con garfo e coitelo metálicos, servilleta, pan e vaso de viño ou botellín de auga.

Cada ano fai letura do pregón algunha personalidade do mundo da cultura ou o deporte e ademais, nesta edición, a festa se complementa cun mercado de artesanía, gastronomía e produtos da terra e varias actuacións folclóricas que amenizan a xornada.

Sábado 

21.30h. O Codillo vai de Guateque

22.00h. 16º concurso de serra de troncos con tronzador de man

22.30h. Magosto Popular

Domingo

10:00 h.  Apertura do “Mercado de artesanía, gastronomía e productos da terra”

11:00 h.  Comezo da degustación do Codillo, amenizada polos:

* Grupo de Baile Santa Eulalia de Mos

* Banda de Gaitas Airiños do Castelo

* Grupo de intercambio

12:00 h.  Pregón

15:30 h. Actuación Grupo folclórico

17.00 h.  Xogos

17.15h. Cinema infantil