Aínda que exista ampla oferta no estío, os membros da organización deste evento teñen un compromiso conxunto de tecer a cultura a través de tódolos aspectos da política rural, coma un fío de ouro, contribuíndo á reputación do municipio, a prosperidade económica e la calidade da vida.

O primeriro fin de semana de setembro dase lugar unha das citas mais importantes do panorama folk, onde o público pode gozar non só de grupos galegos, senón tamén de grupos doutras culturas e pobos Celtas, en Mos, Pontevedra

  • Xesleio,  fai a exposición de instrumentos artesáns e tradicionais galegos.
    https://xesleio.es/
  • Unha pequena mostra do vestido tradicional galego a cargo de amigos de 4fios.

Un pobo debe dispor dos instrumentos necesarios para que con liberdade, responsabilidade e autonomía poda desenvolver a súa vida cultural.

  • Obradoiros de baile
  • Concurso de relatos cortos
  • Animación infantil

Os premios Mestre Machiño son un recoñecemento público a una figura referente da música galega.

Este ano, o cartel volve estar á altura das expectativas coa presenza de grandes referentes como Leilía ou Xabier Díaz e ademais, a participación da banda irlandesa Back West permitirá facer realidade o vello sono dos organizadores de converter ‘O son do Pazo’ nun evento de carácter internacional. Por fin teremos connosco a unha banda dunha nación irmá, coa que nos sentimos unidos a través da cultura, as tradicións e o son das gaitas.

 

 

Artigo relacionado Presentación Festival Intercéltico O Son do Pazo

  • Proxecto: Festival Intercéltico
  • Organización: Círculo Cultural Deporte Santa Eulalia de Mos
  • Tipo de Música Celta, folk tradicional e de raíz
  • Ano 2015