Categorías

Programación das Letras Galegas

29/04/2017· Actualidade

Neste mes facemos homenaxe a un escritor galego con actuacións e exposicións para todos os públicos: Carlos Casares


      Historias de Vida, Guerra, Amor e case Morte é un fermoso espectáculo que inclúe narración oral, música ao vivo, cancións, comicidade e elementos teatrais. Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas dende a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bagoas, lembranzas e sorrisos. Unha proposta incrible dirixida a adultos e maiores cunha sensibilidade realmente especial.