O seu derradeiro fin é o desenvolvemento de todo tipo de actividades culturais e deportivas, a posta en valor do noso patrimonio histórico local e servir, ademais, de sede das distintas asociacións parroquiais.

Os nosos servizos están determinados no seguintes puntos:

  • Reservas para eventos tales coma, exposicións, reunións, cerimonias, banquetes, charlas i eventos.
  • Dinamizadora de actividades socioculturais na Parroquia.
  • Aberta ao público en xeral, pois a súa finalidade é dotala de actividade.

 

O padroado da Fundación Pazo de Mos está composto polos seguinte membros voluntarios:

Presidente: Manuel Barciela
Vicepresidente: Agapito Lorenzo
Secretario: Manuel Bugarín
Tesoreiro: Manuel Barciela
Vocais:Ramón Muíños, Jorge Ferreira, Jose Carlos Zurita, Claudio Rodríguez e Jaime Blanco.

 

Na definición dos seus estatutos destacamos

Art. 1 Denominación e natureza
Ao abeiro do dereito recoñecido no artigo 34.1 da Constitución española, e de acordo co artigo 27-260 do Estatuto de Autonomía para Galicia, coa denominación de “FUNDACIÓN PAZO DE MOS”, constitúese organización de natureza fundacional, de interese xeral galego, constituída sen ánimo de lucro; o seu patrimonio aféctase de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios da Institución.

Art. 2 Personalidade e capacidade
A Fundación constituído, unha vez inscrito no Rexistro único de Fundacións de Interese Galego,(…).

 

Comprender o pasado e reforzar a memoria, e incluso a identidade, colectiva é un feito verdadeiramente suxestivo. O traballo que desenvolven os veciños é notable no fomento de participación e benestar social.