Para a realización de proxectos destinados a contribuir aos fines fundacionais os fondos da doazón que reciban serán destinados única e exclusivamente á mellora da xestión e servizos da Fundación e en estricto cumprimento da normativa vixente. As entidade sen ánimo de lucro actúan dacordo coa Lei 50/2002 de Fundacións e da Lei 12/2006 de Fundacións de Interese Galego.

        As grandes liñas nas que traballamos e que indican as actividades con prioridade que se trazan no plan de actuación anualmente, abarcan un conxunto de temas e aspectos tales como;

  • Plan cultural e reservas incluídas polas entidades con Sede no Pazo
  • Establecer unha programación proposta, en convenio coa Xunta de Galicia, de actividades culturais que repercutan na promoción cultural e creativa de Mos
  • Actuacións e cursos eventuais pola Deputación para complementar e promover o ámbito de actuación.
  • Colaboración con entidades alleas, como espazo aberto a calquera actividade de interese común.
  • Proxectos particulares das asociacións veciñais.
  • Colaboración co Concello de Mos dentro dun plan de dinamización do patrimonio cultural (Festa da Rosa) e convenio para a realización dos plenos mensuais de interese veciñal.