Mos ten de seu un protagonismo na historia esencial. Hoxe en día xa non cabe discusión sobre as amplas posibilidades que ofrece o patrimonio, non só de reutilización senón tamén a reinterpretación do pasado. O noso patrimonio local, cuns vestixios dun conxunto histórico – artístico irrepetible e dun período singular, o barroco galego. Ten como figuras principais a Igrexa de Santa Baia, os Escudos da Casa da Señora Eduarda, o cruceiro da Escocha e o Pazo de Mos. Nunha ladeira cunha suave caída dominaba o val este. Por onde, hoxe, pasa a estrada nacional 550 (Coruña- Tui), así como o Río Louro.
Posúe un estilo arquitectónico após de castelos e torres estranos ao fluír da vida e da paisaxe. Varios elementos xogan un papel moi importante no núcleo polo recordo da súa grandeza e disposición das fincas. Os numerosos restos arqueolóxicos e testemuños históricos falan dunha fértil actividade humana sobre estas terras de vides, millo, liño, etc. Unha illa de civilicidade por onde transcurre o trazado dunha antiga Vía romana (XIX) que unía Bracara Augusta con Tui e Santiago, e logo a Calzada Real. Agora centos de peregrinos pasan cada ano.
Tras o fatídico ano na historia, 1809 no que os franceses asolaron en todo o noso territorio moitos dos edificios máis sobranceiros. Este edificio deixou de ser a residencia habitual dos marqueses o que acelerou a ruína, a tan só 50 anos do maior esplendor.
Misión
A Fundación Pazo de Mos traballa, en cogobernanza cos axentes do territorio, para a investigación e a difusión da cultura histórica e artística galega, en concreto na deste edificio e contorna, e na súa proxección internacional, así como para contribúe a mellorar as condicións de vida dos veciños.
De igual forma a Fundación ten como misión potenciar a conservación do patrimonio histórico artístico, a defensa do medio ambiente e da paisaxe autóctona e a posta en valor do patrimonio inmaterial propio da vila como elementos esenciais para alcanzar unha sociedade próspera e sostible.
É unha institución aberta á colaboración con outras entidades, institucións e administracións con fins análogos ofrecendo as súas instalacións.
Visión
Valores
Nos anos 40 os seus 35.000 m2 cambian o uso a industrial. Onde una empresa de vacún e logo avícola puxo os vecinos en loita pola contaminación e efectos negativos que estaba a causar na parroquia. Cunha visión quizáis reconciliadora D. Eulogio Gómez Franqueira dona o Pazo en ruínas. En 1979 comeza a negociación e en 1983 finalizan todo trámite formal.
A súa rehabilitación non foi tarefa doada. Unha inversión de máis dun millón e medio de euros da comunidade máis outras importantes aínda que puntuais aportacións das administracións. Converteuse, desta maneira, nun edificio de tres plantas e cunha fachada que conserva o estilo renacentista de comezos do século XVIII.
De propiedade plural aínda que privada. Os recursos son de aproveitamento colectivo da veciñanza da parroquia. Os montes comunais, terras e edificacións cedidas aos veciños constitúen unha fonte de financiamento equilibrada coa calidade e beneficio cultural.
Como forma de propiedade xermana que é, en calidade de veciños, o 25 de novembro do 1981 rexistran esta entidade.
No ano 1979 constitúese e rexistrase esta asociación. Así comeza coa súa intensa actividade que mantén ata o día de hoxe. Sempre comprometida coa súa parroquia, Mos.
Tal e como consta na acta fundacional desta entidade, o sábado 20 de febreiro de 1982 se celebrou a primeira asemblea xeral de socios.
Somos unha fundación sen ánimo de lucro creada no 2006 por persoas vencelladas a defensa do patrimonio e promoción da cultura.