No 2008, partimos dunha “idea cultural”. No camiño identificamos oportunidades estimulando o pensamento creativo e innovador da organización. Desta maneira entendemos que o turismo cultural, sostible e responsable, permite consolidarnos e crecer. Coidamos a posta en valor do patrimonio, con actividades culturais para revitalizalas nosas costumes, tradicións populares, festivais ou fomento da difusión da artesanía e a gastronomía popular.
A transición no rural e o seu desenvolvemento óptimo pasa por outra forma de relacionarse globalmente. Mudou a forma de ver a agricultura, a propiedade, as sociedades rurais e o medio ambiente.
A nosa comunidade ten por obxectivo conseguir un territorio multifuncional, vivo, dinámico, sustentable económicamente para os seus propietarios, así como a recuperación dalgúns terreos degradados, e que ademais xeren beneficios para a sociedade no seu conxunto.
O Cïrculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia é unha entidade de carácter local que atende ás necesidades reais e concretas da veciñanza aportando valor mediante a súa satisfacción.
Consulta as actividade para benestar, arte e formación da entidade cultural.
Esta sala está aberta tódolos días laborais do ano, ao público en xeral. Pode vir a zona de estudo ou area de lectura e consulta na sala TIC.
Horario: de 16.00 a 20.00h. (pódese convir un diferente dependendo da tempada do ano).
Consulta o catálogo do proxecto Meiga
A disposición dos usuarios do centro se atopa a sala de ordenadores, cada martes primeiro de mes realizase unha clase de alfabetización na que se poden inscribir en calquera momento. O número de participantes mínimo é de 3 persoas.
Duración 90min.
Básico, medio e especialista (programas ).
Aquí tes as túas citas coa cultura: cine, maxia, teatro, música,
monólogos e moito máis da man dos artistas e profesionais máis
variopintos do panorama galego e mundial. Aínda que isto non é todo porque somos unha coordinadora de eventos que chegan de iniciativas de entidades de cada rincón desta provincia.
Visitando as inmediacións do Pazo atoparás no axardinado as sensibilidades de respectar e dialogar coa contorna histórica. Descubre os segredos mellor gardados con profesionais da fotografía onde aprender e practicar técnicas fotográficas dende o minuto un.
Reserva a túa praza agora.
As experiencias que xeramos dan resposta a unha alta demanda de actividades no destino, dalgún xeito dan contido e forma os diferentes usos que configuran o territorio.
Grupos reducidos.
Reserva a data.
¿Que condicións tes que reunir para o aproveitamento micolóxico nos montes da parroquia de Mos?
Consigue agora a túa tarxeta, persoal e instransferible.
A partir de 10€/ tempada
Reserva de praza.
É un dos servizos cedidosnas nosas instalacións. É xerador de renda e ocupación da poboación local.
Pedir orzamento.
É a nosa comunidade unha realidade dinámica, ten a súa historia, e a súa evolución dentro dun proceso histórico. A historia da comunidade coa historia xeral, de ámbitos máis amplos, teñen entre si unha relación de interdependencia.