Exposición das fotografías “SomosMos”

posted in: Actualidade, Natureza, Photos | 0

A tarde do 5 de abril entregáronse de premios do Concurso Fotográfico  ‘O meu lugar favorito de Mos’.

O primeiro premio dotado de 300 euros foi para Patricia Loureiro Blanco pola fotografía titulada ‘O Bo Camiño’.

O Camiño de Santiago, centro de toda universalidade, nun camiño polas rúa de realengo, o destino, a Catedral.

O segundo premio dotado de 200 euros foi para Carlos Alonso López pola fotografía titulada ‘As Leiteiras’.

As leiteiras de Mos son historia, o seu traballo perdura na memoria dos vecinos coa estatua na rotonda da parada do lugar de Bos Aires, na parroquia de Dornelas.

E o terceiro premio, dotado de 100 euros, foi para Vanessa Gómez Gándara pola fotografía titulada ‘Caída e nacemento’.

Mos e a conciencia medioambiental, así como o amor e o respecto pola natureza, no punto de mira.

 

En total presentáronse ao concurso cumprindo as condicións técnicas requeridas nas bases un total de 27 persoas e 68 fotos do noso lugar favorito de Mos.

Todas as fotografías participantes exhíbense estes días nunha exposición que foi inaugurada  co motivo da entrega de premios. Serán utilizadas como elementos promocionais do Concello de Mos e da campaña baixo o lema identitario local ‘SOMOSMOS’.

 

Nova relacionada co Camiño

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *