Información de talleres e cursos

posted in: Actualidade, Circulares | 0

Aínda quedan prazas nos cursos que organizará a Asociación para a tempada 2019.

Tódolos interesados en participar poden contactar na recepción do Pazo en horario de 17.00 a 21.00h

Xardinería/ Horta Ecolóxica

No programa de Tempo de lecer do Concello de Mos, o próximo 13 de marzo será cando comecemos a impartir as clases teóricas.

Este ano increméntanse ata 40horas. Na área de agricultura e impartirase dentro do calendario escolar, de marzo a xuño.

A data e horario do obradoiro será o mércores de 18.30h a 21.00h.

O custo dos cursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.

Está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello.

Cursos para Setembro

Do programa Conectadas e Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra vimos de solicitar os dous cursos que se encadran en diferente areas Coidado Persoal e Arte coas mans para os usuarios máis variados que lle interesen estas disciplinas.

  • Musicoterapia de Conectadas

Este curso en concreto ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidad para favorecer as relaciones interpersonais e o intercambio de experiencias.

A duración da acción formativa será de 35 horas. Inclúe un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de cinco horas de duración. A cota de 6 euros de cada persoa participante.

Inscríbete xa

  • Cestería de Depo en Marcha

Ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das nosas personas maiores.  Axuda a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mejorar a súa calidade de vida. Polo tanto o alumnado terá que ter 50 anos ou máis no momento da súa inscrición.

Os talleres teñen unha duración de 30 horas e a cota de 6 euros de cada persoa participante. O alumnado deberá levar o material requirido no catálogo para a acción formativa escollida, polo que é importante, á hora de elixir, ter en conta de que materiais deben dispoñer.

 

Xa se pode pre reservar prazas nos cursos ata o 31 de xuño.

Inscríbete

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *