Letras Galegas 2019

posted in: Actualidade, Circulares | 0

Este ano, o mes de maio  e as letras galegas están marcadas en cor vermello na nosa axenda. Moito movemento, social e cultural.  ¡Coma a nós nos gusta!

É a Galicia dos verdes castros cun arte requintado e propio, o Camiño de Santiago nas súas rúas como centro de universalidade, a música galega cun extraordinario valor artístico, e sobre todo a lingua, a fermosura da lírica galega. Os aspectos da nosa entidade que narraba a figura homenaxeada este ano, Antón Fraguas.

Pese ao noso  entusiasmo, algunhas das actividades programadas para este mes terán que ser para o mes seguinte, esta é a parte da sociedade que nos condiciona. E xa con esto, aquí as actividades nas que podedes participar:

 

IV Edición Festival Canto Conto

Un ano máis repite contorna. Mos ten un gran potencial, un entorno ambiental no que non por casualidade foi a berce do noso municipio, nesta ocación no Parque da Pesqueira. Con moito cariño imos creando un espazo diferente e diverso, nesta ocasión tedes onde desfrutar dos contos e a música, plasmados en contadas e maxistrais concertos en directo que, xunto con talleres e xogos durante toda a xornada.

Ademais haberá postos de artesanía, xogos populares, e o especial auga, para os días máis soleados.

Concerto de Andrea Pousa en colaboración con Rebeca Santos

O Concello de Mos pon enriba da mesa esta proposta na víspera do Día da Letras. Copiamos á propia Andrea Pousa di: “O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras”.

A súa voz emocionante  habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vangarda, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.

Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.

 

II Concentración Renault no Pazo de Mos

Os aficcionados aos vehículos da casa Renault do noroeste español e do norte de Portugal teñen este fin de semana a oportunidade de disfrutar de unha nueva edición desta Concentración, que se celebrará no terreo anexo ao Pazo.

Este ano ademais da mostra de vehículos clásicos e característos conta cun animado programa, con muchas referencias a Mos.

 

E o próximo 8 de xuño non te perdas a promeira edición de Cantos de Taberna.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *