Nadal no Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia

posted in: Actualidade | 0

Chegou ó frio, por iso convidámosvos a participar nas actividades programadas para esta semana e o fin de semana:

  • TALLER DE DECORACIÓN DE NADAL: dende o Círculo vos facemos chegar a seguinte proposta para que poidades decorar a vosa mesa, entrada… ¡Con deseños feitos por vós mesmos! Realizárase nas semanas do 10 e 17 de decembro. Información no teléfono 604 022 842 (de 17:00 h. a 21:00 h).
  • Xantar para celebrar o día da nosa Patrona Santa Eulalia. O domingo 16, ás 12:30 haberá unha misa, onde faremos a ofrenda floral á Santa. Seguida a procesión (se o tempo o permite), e a actuación da Banda de Gaitas “AIRIÑOS DO CASTELO”, na plazoleta do Pazo. A continuación o tradicional cocido, ás 14:00 h. onde haberá sorteo para os asistentes o mesmo. 

ANOTÁDEVOS ANTES DO 11 DE DECEMBRO no teléfono 604 022 842 (de 17:00 h a 21:00 h).

  • ENCONTRO DE CORAIS: Como tódolos anos convidamos a participar nas actividades deste encontro onde corais doutros municipios para pasar un bo rato cantando e festexando o Nadal. Será este sábado, 15 de decembro a partir das 20.00h.

  • ROLDA SANTA EULALIA DE MOS: E para que poidades acompañarnos estas son as nosas saídas/actuacións, o longo deste Nadal 18/19. Con relación o Encontro de Rondallas do Concello de Gondomar, actuaremos as 12.40h. da mañá.

Outros enlaces relacionados:

Máis información da Rondalla

Máis recoñecementos recentes

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *