Vacacións con Castelao

posted in: Actualidade | 0

CASTELAO E OS PICARIÑOS

Co o inicio das vacacións de verán, propoñemos un obradoiro de artes plásticas para nenos e nenas con edades entre cinco anos en diante.

A idea consiste, a través de diferentes exercicios pictóricos, dar a coñecer aos cativos a obra e traxectoria artística do artista galego Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.

Propoñemos unha variedade de técnicas pictóricas co fin, de que os nenos realicen diversas obras coñecidas do artista, ó mesmo tempo que coñecen as regulas de execución das diferentes técnicas elexidas.

As técnicas elexidas son: óleo, acuarela e témpera. Os temas escollidos par realizar esta actividade son: a paisaxe, a caricatura propia de Castelao e temas de costumes relacionadas con nenos e nenas de principios do século XX.

Este obradoiro, completarase con un traballo audio-visual onde a través da imaxen, os cativos coñecerán a figura de Castelao e a súa obra.

CALENDARIO DA ACTIVIDADE
Levarase a cabo nos meses de Xullo e Agosto. Faranse catro quendas de luns a xoves.

NÚMERO DE PARTICIPANTES
Grupos de oito rapaces por quenda.

PREZO DA ACTIVIDADE
35 € por participante.
No prezo está incluido todo o material que precisará o neno/a.

RECURSOS HUMANS
Levaraos a cabo, Liliana Rey Figueroa, técnica superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, coa especialidade de pintura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *