EN|ES

Hoxe en día, o albergue realiza unha importante labor como dinamizador da vida local, ao tempo que contribúe á recuperación do patrimonio histórico.

Este Camiño comeza en Galicia por Tui, cando os peregrinos chegaban a Valença do Minho cruzaban o río en barca ata o porto do Penedo (hoxe praia da Fábrica), ata que en 1884 se constrúe a ponte para o ferrocarril, un bo exemplo da enxeñería en ferro do s.XIX. A cidade de Tui será un dos punto máis importantes desta ruta.

O camiño portugués, antano Calzada Real e antiga vía romana ao seu paso por Mos, se popularizou, sobre todo, a partir do século XII trala independencia de Portugal. Reis, nobres e altos clérigos contribuíron a asentar unha gran devoción xacobea, como a célebre de dona Isabel de Portugal, a “Raíña Santa”, no século XIV, que ofreceu ante o altar de Santiago a súa corona e foi enterrada cun bordón de peregrina.

O camiño entra en Mos polo sur, percorrendo distintas parroquias nas que se pode gozar da natureza, cultura e historia que o noso concello ofrece. A vía romana que comunicaba Braga con Astorga vai coincidindo en boa medida co Camiño Portugués.

En Galicia crúzanse centos de camiños, ríos e regatos, onde hai un amplio conxunto etnográfico e é posible admirar en cada recodo muíños, cruceiros, lavadeiros e canastros que reflexan a nosa riqueza patrimonial. Unha das primeiras referencias documentais da palabra Mos aparece nas actas do concilio do ano 569, antes de establecerse o primeiro señor de Mos en 1552, e se di que proven do latín molis, pedra de moer.

A acollida ao peregrino é precisamente unha das características fundacionais da rede de albergues públicos do Camiño de Santiago.

Descrición

Dispoñibilidade do albergue: Todo o ano

    • Prezo: 8€/ persoa
    • Prazas totais: 30 en litera
  • Varias habitacións compartidas
  • As prazas ocuparanse ao chegar os peregrinos, sen que en ningún caso se admita a posibilidade de realizar reservas.
  • Orde de prioridade: peregrinos con limitacións físicas, os peregrinos a pé, os peregrinos a cabalo, os peregrinos en bicicleta e, finalmente, as personas que viaxen en coches de apoio.

Localización

Parroquia: Mos (Santa Eulalia)

Lugar: Camiño A Rúa, 3

 36415  Mos – Pontevedra

Coordenadas: 42º 12′ 16.5″ N – 8º 36′ 22.8″ W

 

Tipos de servizos

Auga quente
Dúas cociñas con utensilios
Comedor
Roupa de cama desechabe (non mantas)
Duchas
Lavadero
Internet / wifi en zonas comúns
Lavadora de moedas
Edificio histórico
Tendedero
Calefacción
Secadora de moedas

Horario:

Horario de admisión: 13.00 – 22.00h.

Hora de saída: Antes das 08.00h.

Servizos na contorna:

  • Restaurantes a 10mtrs.
Tapería Flora
Abre ás 07.00h
A cociña non pecha.
Os domingos pecha o establecemento.
O Alpendre
Abre ás 09.00h
Comida 13.00 a 15.30h.
Cea 20.00 a 23.00h.
Bar do Pazo
Abre ás 11.00h
A cociña non pecha, excepto os sábados e domingos á noite.
    • Froitaría a 350mtrs.
  • Tenda especializada en peregrinos 10mtrs.
  • Perruquería a 10mtrs.
  • Igrexa a 10mtrs. A misa celebrase a petición dos fieis, non abre tódolos días.
  • Centro cultural a 5mtrs. Programación cultural periódica.
  • Farmacia a 200mtrs. Permanecerá pechada os sábados e domingos.

Non hai caixeiros ou bancos nas contorna.

Tramos

Tui – Mos: 25 km.
Mos – Pontevedra: 28 km.
Pontevedra – Caldas de Reis: 23 km.
Caldas de Reis – Padrón: 18 km.
Padrón – Santiago: 25 km.

Dispoñibilidade para grupos

¿Que sucede se facedes un viaxe organizado, sodes máis de 25 persoas e non atopades espazo onde pasar a noite?

Podedes contactar co Servizo de Deportes para pasar a noite Pavillón Municipal no correo deportes@concellomos.es ou chamando ao albergue (+34) 986348001 e indicando data para o aloxamento, hora de entrada e hora de saída.

Ademais desta opción tamén vos podedes por en contacto con nós, temos unha sala disponible nos meses de xullo e agosto para grupos de entre 20 e 60 persoas. Sen colchóns.

 

Outra información de interese

Camiño a Finisterre

https://www.caminodesantiago.gal/es/planifica/las-rutas/camino-de-fisterra-e-muxia

Variante Espiritual

http://www.osalnes.com/es/descubre/actividades/variante-espiritual