Albergue de peregrinos

Mos

Espazo Público Singular

 EN | GAL

A asociación que xestiona o albergue realiza unha importante labor de dinamización na contorna, ademais contribúe á conservación do patrimonio histórico.

Este Camiño comeza en Galicia por Tui, antigamente cando os peregrinos chegaban a Valença do Minho cruzaban o río en barca ata o porto do Penedo (hoxe praia da Fábrica), ata que en 1884 se constrúiu a ponte para o ferrocarril, un bo exemplo da enxeñería en ferro do s.XIX. A cidade de Tui é un dos puntos máis importantes desta ruta.

O camiño entra en Mos polo sur, percorrendo distintas parroquias nas que se pode gozar da natureza, cultura e historia que o noso concello ofrece.

A vía romana que comunicaba Braga con Astorga vai coincidindo en boa medida co Camiño Portugués.

En Galicia crúzanse centos de camiños, ríos e regatos, onde hai un amplio conxunto etnográfico e é posible admirar en cada recodo muíños, cruceiros, lavadeiros e canastros que reflexan a nosa riqueza patrimonial. Unha das primeiras referencias documentais da palabra Mos aparece nas actas do concilio do ano 569, antes de establecerse o primeiro señor de Mos en 1552, e se di que proven do latín molis, pedra de moer.

A acollida ao peregrino é precisamente unha das características fundacionais da rede de albergues públicos do Camiño de Santiago.

Planifica a túa

Viaxe

O camiño portugués, antano Calzada Real e antiga vía romana, se popularizou, sobre todo, a partir do século XII trala independencia de Portugal. Reis, nobres e altos clérigos contribuíron a asentar unha gran devoción xacobea, como a célebre de dona Isabel de Portugal, a “Raíña Santa”, no século XIV, que ofreceu ante o altar de Santiago a súa corona e foi enterrada cun bordón de peregrina.

Agradeceremos a súa colaboración en aras de favorecer o ben e interese público.

 

O padroado da fundación

Bens e servizos culturais​

Horario de admisión: 13.00 – 22.00h.

Hora de saída: Antes das 08.00h.

10,00 € persoa/noche

Kit de almorzo: 4,50€
Aluguer de sábanas de algodón: 3,50€
Aluguer de toallas: 2,00€
Manta polar: 6,00€

 

Tui – Mos: 25 km.
Mos – Pontevedra: 28 km.
Pontevedra – Caldas de Reis: 23 km.
Caldas de Reis – Padrón: 18 km.
Padrón – Santiago: 25 km.
  • Restauración, a 10 mtrs.
  • Tenda do peregrino, a 20 mtrs.
  • Frutería, a 400 mtrs.
  • Farmacia, a 150 mtrs.
Podoloxía
amigos
Fisioterapia
Auga quente
Dúas cociñas con utensilios
Comedor
Roupa de cama desechabe (non mantas)
Duchas
Lavadero
Internet / wifi en zonas comúns
Lavadora de moedas
Edificio histórico
Tendedero
Calefacción
Secadora de moedas
Camping para peregrinos
Espazos de esparexemento
Programación cultural
 
 
Anos de experiencia
0 +
Beneficiarios directos
0 K+
No Camiño
0 K+
O teu camiño, redescubrindo Galicia

Infórmate

Para que a túa ruta sexa amable, segura e libre temos implementados protocolos co fin de acadar os obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030: cidades e comunidades sostibles, igualdade de xénero, acción polo clima ou alianzas para acadar obxectivos.