7ª Ed. O belén, unha proposta solidaria

posted in: Bitácora | 0

PROPOSTA SOLIDARIA

Pensamos nunha proposta solidaria para dar unha pouca de luz ás familias máis desfavorecidas do noso Concello, neste dereito fundamental a alimentación.

Este ano, máis que nunca, é o momento de colaborar con estas iniciativas solidarias. E como no 2020 tocanos facer todo ordenadamente e con moita anticipación aquí vos deixamos a información e prazos para facer a vos aportación.

 

Prazos das aportacións
  • Do 1 de decembro ata o 15 decembro (recomendado)
  • Do 15 de decembro ata o 30 de decembro
  • Do 30 de decembro ao 7 de xaneiro

Datas:

Para visitar o Belén podes facelo do 1 de decembro ao 7 de Xaneiro.

Horario:

De 15.00 a 21.00h. de luns a domingo.

De 12.00 a 15.00h. sábado e domingo.

 

Unha mostra desta humilde iniciativa, propia e desinteresada dos veciños/as da parroquia.  Inspirados na devoción que se lle procesou en anos pasados na igrexa do pobo. Ademais de aproveitar un gran interese na tradición belenística en España.

O belén representa o acontecido na era romana en época de Augusto. O nacemento do neno Xesús e a difusión dun innovador mensaxe de paz, así como tódalas circunstancias que acompañaron este acontecemento. Remontándonos aos seus orixes medievais ofrecémosvos o gozo de desfrutar desta representación. Dende o seu inicio, hai xa seis anos, resoa máis forte a mensaxe do nadal, triste mais consolador consolador, a alegría e símbolo do seu nacemento.

Máis aló deste feito, no belén trátase de reproducir fielmente o transcurso da vida cotiá de calquera pobo galego nos séculos pasados. Un centro de universalidade dos seus oficios, na súa cultura e no característico da súa vida labrega do interior. Con máis de preto de 350 figuras, e aproximadamente 30 m².  E con gusto típico e coñecementos de calquera belén tradicional actual da España multicultural.

 

Estos espazos de participación da sociedade tratan de impulsar unha proposta solidaria e de cooperación.

 

Catálogo de Belén de interese turístico galego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *