Ciclo de Exposicións “En feminino”

posted in: Bitácora | 0

‘En feminino. Sentimentos, vivencias e paisaxes’

A primeira mostra deste ciclo de exposicións correrá a cargo de Alicia Sarmiento e estará aberta do 1 ao 17 de abril

Alicia Sarmiento, Malís, inaugurará a súa mostra titulada ‘Sentimentos e cores’ o vindeiro 1 de marzo ás 19.30 horas. Sendo a primeira do ciclo de exposicións ‘En feminino. Sentimentos, vivencias e paisaxes’ que albergará o Pazo de Mos ata o mes de xuño e que organiza a Fundación Pazo de Mos.

‘Sentimentos e cores’

permanecerá aberta ao público ata o 17 de abril. Sobre a súa pintura Sarmiento declara que “permíteme exteriorizar o interior da miña alma e plasmar en cada lenzo en branco meus sentimentos. Eles son os que manexan meus pinceis e usando o arco iris da paleta do meu estado de ánimo. Permítemme crear en cada unha das miñas obras unha persoal explosión de cor e vida”.

“Rituais”

En maio chegará o turno de Raquel Rocha. Natural do Porto, é formada e apaixonada desde sempre polo deseño e ten como desafío de vida utilizar este xesto tan primitivo, simple e fráxil en toda a súa plenitude de expresión artística, elevando ao máis alto nivel, a compoñente complexa do amor.

‘Atmosferas’

A mostra  de Marta do Campo será no mes de xuño e sobre ela a artista declara que baixo o título de ‘Atmosferas’. “Englobo unha serie de obras nas que a temática principal son as paisaxes e lugares de Galicia. A atmosfera dun lugar ven determinada por unha serie de factores que fan ese momento e lugar únicos. A hora do día, a estación do ano, as condicións atmosféricas e o estado de ánimo de quen observa fan ese momento irrepetible, e as sensacións e sentimentos que me producen e o que trato de plasmar nas miñas obras. A atmosfera e a alma dunha obra”.

Nova relacionada

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *