Convocatoria de Arte Postal Internacional 2020

posted in: Bitácora | 0

O certame Internacional de Arte Postal de Mós nace na necesidade de que Mós apareza sobre o papel nas rutas turísticas do Camiño Portugués ademáis Manuel Xío Blanco o seu Creador, arenga o arte postal como arte vivo e reivindicativo do noso tempo.

Estará na sala de exposicións do Pazo de Mos do 3 de setembro ao 13 de outubro.

Artigos de interese

Nova Peneira

Entrevista ó coordinador da exposición, nela fala do mestre Manuel Xío Blanco e do que supuxo a experiencia desta convocatoria. Unha entrevista de Tino Lago.

Faro de Vigo

Sección: Mira Vigo

Autor Fernando Franco

“A arte postal de Xío Blanco

Nestes tempos en que a carta parece proscrita, substituído o puño e letra pola impersonal pantalla ata para dicir “quéroche”, é heroico que un veciño de Mos sígame enviando cartas que son pura arte postal. Falo de Manuel Xío Blanco, do que me chegou hai días unha carta artisticamente “tuneada” e fálame da exposición que houbo de arte postal no Pazo de Mos o mes pasado. O problema é que a carta deste autor creativo na reserva, que así se autodefine, chegou ás miñas mans con moito atraso, cousa que por vía email non pasaría, aínda que perderían a súa arte singular.”

Fanshina

Nas páxinas 6,7 e 8 da revista cultural redondelán ” A FanShinha” poderedes defrutar dun artigo que fala da esencia desta exposición Internacional. Un artigo de Pablo G. Portas cunha ilustración moi simpática e de autor de Fon Decon.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *