A través da fotografía: Namórate de ti

posted in: Bitácora | 0

A fundación pazo de Mos acolle un curso de empoderamento feminino a través da fotografía e a exposición do seu traballo durante todo o mes de novembro. Nas sesións traballaron intensamente cuestións relacionadas coa autoestima, o autoconcepto, a vida consciente, a cooperación, a desinhibición e o empoderamento

A Fundación forma parte da directiva do Eurural. Asociación que a través de diferentes campañas está a ser un potente dinamizador cultural, a veces promotor. Por que defende claramente o noso territorio.

Este é o noso punto de inflexión, o noso vínculo, e nós, as mulleres, como exemplo e na cabeza, debemos formar unha gran fronte de acción e participación conxunta. Ás 13 participantes compartiron unhas vivenzas enriquecedoras a través da cohesión grupal e a autoobservación, coas diferentes técnicas da fotografía. O obxectivo do proxecto é mellorar a calidade de vida das mulleres participantes, potenciando as súas cualidades e capacidades.

Este proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade e a Xunta de Galicia e a colaboración da Fundación Pazo de Mos e o Concello de Mos.

 

Enlaces de interese
Un  mar de fotografías para demostrar que con elas non hai quen poida

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *