Este ano, o cartel volve estar a altura das expectativas coa presenza de grandes referentes como Leilía ou Xabier Díaz e as Adufeiras e ademais, a participación da banda irlandesa Back West permitirá facer realidade o vello son o dos organizadores de converter ‘O son do Pazo’ nun evento de carácter internacional. Por fin teremos connosco a unha banda dunha nación irmá, coa que nos sentimos unidos a través da cultura, as tradicións e o son das gaitas.
VENRES, 31 DE AGOSTO
22.30h Concertos:
- Airiños do Castelo
- Leilía
- H2Folk
SÁBADO, 1 DE SETEMBRO
12.00h Festival BailaMos
13.30h Sesión Vermú:
- A Vacaloura Vermella
16.30h Espectáculo infantil:
- As Maimiñas
18.30h Ameniza
- Treboada Baixo Miño
19.00h Obradoiro de baile:
- Xisco Feijóo
21.30h Ameniza
- Treboada Baixo Miño
21.30h Concertos:
- Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
- Backwest IRLANDA
- Andoa
Máis Intercéltico ca nunca, o Festival non esquece as su as raíces e os grupos de Mos seguirán presentes no cartel. Coa implicación activa de tódolos membros do Grupo de Baile e a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, na presente edición refórzase a programación paralela con actividades para os cativos e un obradoiro de baile galego a cargo de Xisco Feijoo, que será recoñecido este ano co Premio Mestre Machiño que outorga a organización do Festival.
Entre as actividades paralelas cabe destacar tamén o II Concurso de Relatos Curtos O Son do Pazo, o Festival Bailamos que se volverá celebrar no marco do festival, a exposición de instrumentos e traxe tradicional no Pazo de Mos ou o mercadiño de artesanía. O 31 de agosto e o 1 de setembro ímolo pasar en grande!
Estas son algunas das referencias do festival na prensa local de hoxe.
Leilía e Xavier Díaz encabezan o cartel do festival O Son do Pazo en Mos .- Metropolitano.gal
Leilía y Xabier Díaz encabezan el cartel del Festival Intercéltico O Son do Pazo de Mos. – Faro de Vigo
Artigos relacionados O Son do Pazo
Deixa unha resposta