Aniversario da restauración do Pazo de Mos

posted in: Bitácora, Dinamización | 0

O Padroado da Fundación Pazo de Mos conmemorou o X Aniversario da inauguración. Cos actos que programados a tarde do sábado 10 de novembro de 2018, no seu auditorio que reuniu preto de 200 persoas.

Consolidada agora como espazo para a cultura de referencia no que respecta ao intercambio de ideas e experiencias coas asociacións e entidades públicas e privadas. Pretende con elo o recoñecemento da súa consolidación.

No evento fíxose un repaso á traxectoria da fundación a través dun vídeo. Con algúns dos veciños que viviron de primeira man a restauración de tan emblemático edificio ou equipamento das súas instalacións aportaron a súa visión. Mentres que outros só das actividades que desenvolven puntual e periódicamente nel ou nas súas asociacións.

O acto foi moi sinxelo no que se tentou facer deste unha tarde distendida na que ademais de alegría por poder festexar xuntos (veciños, asociacións e administracións). No que se puidesen facer claras reflexións e balance dos apoios sinceros e desinteresados neste tipo de iniciativas. Na defensa do patrimonio non pode levar detrás uns intereses particulares ou privados.

No acto  de aniversario destacouse o gran valor histórico que ten o edificio e a súa importancia como insignia de identidade cultural do municipio. Ademais de estar nunha situación privilexiada, o Camiño Portugués histórico e do interior. Idea que hai que trasladar posto que dado ás miles de cidadáns de todo o mundo, que pasan pola nosa Vila, calquera que nos visita valora máis o noso patrimonio que nós mesmos.

A súa orixe

A construción do Pazo de Mos data do século XVI con dúas alas en forma de L e construído en dúas fases. O primeiro o andar leste, créese que no século XV. Posteriormente o andar norte, a comezos do século XVIII.

Este edificio, dos máis suntuosos e señoriais de Galicia. Era a residencia dos Marqueses de Mos ata que foi queimado e destruído. Parcialmente polos soldados franceses nos primeiros anos do século XIX, e pasou a ser a súa segunda vivenda. Apenas uns lustros de acadar o seu maior esplendor a estrutura e outras figuras, por diversas inclemencias, atoparíanse gravemente deterioradas.

A súa Rehabilitación

No aniversario da súa reconstrución e rehabilitación recordamos a realización en  fases.

En primeiro lugar, mediante un acordo co Concello de Mos. Realizouse  cos veciños un acordo de cesión de uso a favor do Concello- O obxectivo, solicitar unha escola taller para acometer a reconstrución. Esta foi aprobada e estivo operativa durante un tempo pero os resultados non foron os esperados. Os veciños, vendo a pouca importancia que lle supuña solicitaron a cancelación da cesión de uso, sendo esta efectiva no ano 2001.

En segundo lugar, como a cesión realizada polo Grupo Coren fora feita á Asociación de Veciños. Os fondos necesarios para a reconstrución deberían ser aportados pola Comunidade de Montes. Ambas entidades decidiron crear a Fundación Pazo de Mos, que pasou a ser a propietaria do Pazo.

A partires desa data deuse o impulso necesario á obra ata alcanzar a súa finalización e inauguración o 2008.

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *