Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

posted in: Bitácora | 0

O primeiro reino medieval de Europa

Baixo este lema o xeodestino fala dos pobos, e sobre todo do seu traballo, do arte requintado dos seus canteiros e como foi precedente do mapa político actual. Unha oportunidade para falar da historia, a través das rutas nas que inclúen visitas a monumentos, museos, conxuntos históricos, xacementos arqueolóxicos, as viaxes formativas, as grandes rutas e circuítos do turismo etnográfico.

 

Período escuro (Do 476 a 550 d.C.)

Configuración do reino Suevo, pioneiro e con todo o gran descoñecido

Nas nosas leccións o mundo antiguo acababa antes e o mundo medieval comezaba despois.

Na decadencia do imperio romano, Galicia non era un territorio prioritario e coa chegada dos suevos era necesario adaptarse repartindo terras públicas, onde asentárense. Despois dun tempos de conflictos chegaron a tempos de paz cos galegos. Neste momento levan as súas incursións ata onde poden, cando os visigodos non as ocuparan.

A conversión ao catolicismo, implantación e desenvolvemento a través do prexelitismo, da realeza  sueva e as élites son a correa de transmisión e se demostra nos concilios da Braga que estaba completamente unida a igrexa á hora de gobernar o territorio.

A partir do 572 lanzáronse campañas militares godas que sitiaron os suevos e acabaron co seu reino.

 

O reino suevo e a súa relación co mancomún

O dereito xermano contempla a propiedade colectiva e dominio útil frente ao réxime de propiedade privada consagrada polo dereito romano. Descubre como chegaron os nosos días unha e moitas das costumes propias do pobo suevo medieval.

Visíta os proxectos do montes de Mos.

 

Participación no proceso

E por esto que o xeodestino é, neste caso, un medio que garda a historia transmitíndonos a súa importancia para coñecer os propios problemas da sociedade á vez que mellora a competitividade dos municipios implementando medidas que facilitan a creación e comercialización de produtos turísticos.

Nestes dous punto recordade que a historia só existe se moita xente a pon en común. Podes participar a través da plataforma. Este proxecto é promoveo a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural.

 

Documentais da historia de Galicia

Veloso, I. (productor) e Casal de Miguel, S. (director). (2019). O reino suevo de Galicia [documental]. ES: TVG, La Región.

Veloso, I. (productor) e Casal de Miguel, S. (director). (2019). O reino suevo de Galicia 2ª [documental]. ES: TVG, La Región.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *