Plan de calidade co que seguimos avanzando a través dunha especificación técnica de xestión para espazos públicos singulares (EPS).

O nosa entidade está incluída nun sistema de calidade turística. Reúne estándares de xestión, de servizo e de instalacións e equipamentos, permitíndonos como xestores do espazo introducirnos paulatinamente nesa cultura da calidade.

Os máis de 300.000 peregrinos que recorren as rutas do Camiño de Santiago. Atópanse ao longo delas con múltiples recunchos e espazos galegos recoñecidos pola súa singularidade e autenticidade. De feito, Galicia conta con máis de 690 Bens de Interese Cultural. Bens inmobles recoñecidos por ser os máis singulares do patrimonio cultural galego e que, nalgúns casos, gozan dunha especial protección.

Entre eses Bens de Interese Cultural atopamos xardíns, rúas, monumentos, prazas, sendas, parques e outro tipo de espazos. Na súa maioría son de titularidade pública. Razón pola que a xestión da calidade sexa clave para que os turistas obteñan unha experiencia de calidade, única e singular no destino.

Ten como finalidade a xestión integral e permanente da calidade. Trata de lograr un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dese destino.

Xestores do Espazo Público Singular

Co traballo conxunto e en gobernanza de entidades públicas e privadas, Fundación Pazo de Mos, Concello de Mos, Asociación de Veciños Santa Baia e Comunidade de Montes de Mos, non soamente se crea unha estrutura permanente de xestión e impulso da calidade, senón que se garanta a estabilidade e continuidade do proxecto, así como a promoción da implantación dos estándares de calidade intersectoriais e sectoriais nas empresas/servizos turísticos do destino.

O traballo para lograr estes distintivos de compromiso e esforzo no proxecto levado a cabo tamén ten entre os seus obxectivos o de incrementar a implicación dos axentes do territorio.

Este é outro dos exemplos de boa gobernanza e participación civil. Aposta por consolidar o turismo no territorio e afianzar criterios de embelecemento integral que repercutan na calidade de vida local e a competitividade socioeconómica.

 

Subscrición popular

O Pazo de Mos está sostida pola Fundación Pazo de Mos. É unha fundación privada sen ánimo de lucro creada no 2006 por persoas vencelladas a defensa do patrimonio e promoción da cultura. Na restauración do edificio se lle da cabida a todo tipo de proxectos da industria cultural e creativa e turismo.

A posta en marcha deste proxecto foi posible grazas a colaboración económica dos axente do territorio. A Comunidade de Montes, familias, empresas, institucións, e o mundo da emigración.

Unha década despois a institución, da que entendemos é unha mostra relevante do paisaxe e arquitectura galega, que non recibe financiamento público regular que asegure o seu mantemento e continuidade quere reafirmarse na súa independencia económica e cultural e no apoio nas xentes comprometidas co patrimonio, a historia e a cultura do noso país.

 

Formas de colaboración coa institución:
  1. Participando das actividades programadas.
  2. Alugando as difentes salas/espazos do Pazo.
  3. Sendo Socio do Círculo e/ou Asociación de Veciños.
  4. Contribuíndo con doazóns periodicas e anuais.
  5. Intregándote nas diferentes directivas de acción voluntaria.
  6. Organización o teu evento de interese xeral ou de empresa nas instalacións.
  7. Pasando a noite no albergue público de Santa Baia de Mos.

 

Sen estas interesado contacta agora con nós a través do formulario.

Grazas!