Aínda quedan prazas nos cursos que organizará a Asociación para a tempada 2019.
Tódolos interesados en participar poden contactar na recepción do Pazo en horario de 17.00 a 21.00h
Xardinería/ Horta Ecolóxica
No programa de Tempo de lecer do Concello de Mos, o próximo 13 de marzo será cando comecemos a impartir as clases teóricas.
Este ano increméntanse ata 40horas. Na área de agricultura e impartirase dentro do calendario escolar, de marzo a xuño.
A data e horario do obradoiro será o mércores de 18.30h a 21.00h.
O custo dos cursos para as persoas participantes é de 1 € por hora.
Está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos, empadroados/as no Concello de Mos ou que sexan membros dalgunha asociación inscrita neste Concello.
Cursos para Setembro
Do programa Conectadas e Depo en Marcha da Deputación de Pontevedra vimos de solicitar os dous cursos que se encadran en diferente areas Coidado Persoal e Arte coas mans para os usuarios máis variados que lle interesen estas disciplinas.
- Musicoterapia de Conectadas
Este curso en concreto ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidad para favorecer as relaciones interpersonais e o intercambio de experiencias.
A duración da acción formativa será de 35 horas. Inclúe un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de cinco horas de duración. A cota de 6 euros de cada persoa participante.
- Cestería de Depo en Marcha
Ten por finalidade favorecer o envellecemento activo das nosas personas maiores. Axuda a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mejorar a súa calidade de vida. Polo tanto o alumnado terá que ter 50 anos ou máis no momento da súa inscrición.
Os talleres teñen unha duración de 30 horas e a cota de 6 euros de cada persoa participante. O alumnado deberá levar o material requirido no catálogo para a acción formativa escollida, polo que é importante, á hora de elixir, ter en conta de que materiais deben dispoñer.
Xa se pode pre reservar prazas nos cursos ata o 31 de xuño.
Deixa unha resposta