Participación cidadá e desenvolvemento cultural e social

posted in: Circulares, Photos | 0

Fai algúns anos, como todos sabemos, que no Pazo de Mos estase a desenvolver unha actividade principal que é un piar esencial para a vida comunitaria e o seu benestar social. Como espazo cultural procuramos que non se perdan, e se podan conservar, tanto o patrimonio histórico como o inmaterial ou tradicións moi ligadas a nosa contorna.

É contrastable que o sector público non pode ser omnipresente nin os recursos de carácter públicos son ilimitados, polo que a realidade fai que esta entidade poda axudar a cumprir ou satisfacer as necesidades actuais da nosa sociedade.

Conscientes da necesidade de continuar coa actividade, non solo a nivel local, senón provincial e rexional; decidimos dar o paso e completar os nosos servizos co obxectivo claro de fomentar o pensamiento crítico, a promoción, participación, dinamización e divulgación social e cultural a través de calquera das funcións e expresións culturais propias determinadas nos nosos fins fundacionais.

Traballamos para aportar o mellor servizo a todo tipo de colectivos, sempre respectando a vosa comodidade e os nosos valores, cun único obxectivo e fin de participación cidadá e desenvolvemento cultural e social.

Para poder traballar nos nosos obxectivos vimos desenvolvendo unha serie de convenios, como é o do goberno municipal se ben procura o mantemento aporta un valor engadido coas súas políticas rurais apoiando a dinamición da contorna.

Así mesmo procuramos alianzas co sector privado para promover a súa participación activa facendo fincapé no desenvolvemento de colaboracións ou partenariados, entre e dentro dos sectores público e privado e as organizacións sen ánimo de lucro, como a nosa.

Nun claro intento de establecer redes para crear e consolidar os mercados locais, como testemuñas directas dunha gran transformación que afecta tanto á subxectividade colectiva, á produción cultural, á vida cotiá coma ás relacións entre un ser e o outro, aproveitando o dinamismo existente nesta localidade, as entidades máis representativas da nosa veciñanza, no termo municipal, fan un chisco á mellora da comunicación, reforzando a nosa identidade e traballando nun proxecto de convivencia na Rede de Asociacions de Mos locais para xestionar as diferentes necesidades e vincular as actividades o negocios do día a día ao fortalecemento do ciclo de producción e a creación de condicións que optimicen a creación, producción, distribución e consumo de bens e servizos culturais

O derradeiro fin é promover a accesibilidade, a circulación de bens e servizos culturais e intercambios culturais.

 

Artigos relacionados Convenio coa Asociación de Empresarios de Mos

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *