Esta vila é hoxe un dos lugares que aínda conservan o encantamento de finais do século XVIII. Unha pequena mostra aínda que esencial de arquitectura do barroco galego e o renacemento. Feito plasmado nunha gran obra en granito que lle da ós monumentos unha forza especial, recollida nalgunha destas imaxes.

Ao espazo natural de referencia desta iniciativa local chegan moitos visitantes comunitarios e estranxeiros. Procuran coñecer as formas culturais e patrimonio do noso pobo, o turismo non é en exclusiva cultura, aínda que é cultura en si mesmo.

Na nosa oferta de produtos e servizos están os programas de visitas guiadas. Están dirixidas a visitantes individuais ou grupos, isto permítenos ampliar os seus coñecementos da nosa realidade como comunidade coa a súa historia, e a súa evolución dentro dun proceso histórico. Acercando o feito máis ao destino de mans dun profesional. Ao mesmo tempo serven para a promoción e desenvolvemento de recursos e servizos da zona.

O turismo cultural trátase dunha das principais motivacións que orixinaron desprazamentos de persoas desde a antigüidade. Imaxina o destino. Visita monumentos, museos, conxuntos históricos, xacementos arqueolóxicos, grandes rutas e circuítos, feiras profesionais e o noso patrimonio etnográfico.

Identidade corporativa

Manual de imaxes corporativas para a marca Fundación Pazo de Mos e as entidades que compoñen o seu padroado, contempla as normas para a adecuada aplicación da imaxe da colectividade.

Logotipos oficiais
Logotipo oficial  Logotipo Comunidade de Montes Logo Asociación Veciños Lotipo Círculo Santa Eulalia