Mos ten de seu un protagonismo histórico esencial. Hoxe en día xa non cabe discusión sobre as amplas posibilidades que ofrece o patrimonio, non só de reutilización senón tamén a reinterpretación do pasado. O noso patrimonio local, cuns vestixios dun conxunto histórico – artístico irrepetible e dun período singular, o barroco galego, ten como figuras principais a Igrexa de Santa Baia, os Escudos da Casa da Sra Eduarda, o cruceiro da Escocha e o Pazo de Mos. Nunha ladeira cunha suave caída dominaba o val este. Por onde, hoxe, pasa a estrada nacional 550 (Coruña- Tui), así como o Río Louro.

        Posúe un estilo arquitectónico após de castelos e torres estranos ao fluír da vida e da paisaxe. Varios elementos xogan un papel moi importante no núcleo polo recordo da súa grandeza e disposición das fincas. Os numerosos restos arqueolóxicos e testemuños históricos falan dunha fértil actividade humana sobre estas terras de vides, millo, liño, etc. Unha illa de civilicidade por onde transcurre o trazado dunha antiga Vía romana (XIX) que unía Bracara Augusta con Tui e Santiago, e logo a Calzada Real, na que agora centos de peregrinos pasan cada ano.

        Tras o fatídico ano na historia, 1809 no que os franceses asolaron en todo o noso territorio moitos dos edificios máis sobranceiros. Este edificio deixou de ser a vivenda dos marqueses o que acelerou a ruína, a tan só 50 anos do maior esplendor.

Historia Recente

        Nos anos 40 os seus  35.000 m2 cambian o uso a industrial. Onde una empresa de vacún e logo avícola puxo os vecinos en loita pola contaminación e efectos negativos que estaba a causar na parroquia. Cunha visión quizáis reconciliadora D. Eulogio Gómez Franqueira dona o Pazo en ruínas. En 1979 comeza a negociación e en 1983 finalizan todo trámite formal.

        A súa rehabilitación non foi tarefa doada. Unha inversión de máis dun millón de euros da comunidade. Convertiron nun edificio de tres plantas e cunha fachada que todavía conserva o estilo renacentista de comezos do século XVIII.

        De propiedade plural aínda que privada. Os recursos de aproveitamento colectivo da parroquia, como os montes comunais, terras e edificacións cedidas aos veciños constitúen unha fonte de financiamento equilibrada coa calidade e beneficio cultural.