Programación Cultural

Para consultar so tedes que entrar no calendario na páxina de inicio ou seguirnos no blog ou redes sociais. Claro que se queredes información periódica so tedes que suscribiros premendo no seguinte enlace.

Tedes una cita coa cultura: cine, maxia, teatro, música, monólogos e moito máis da man dos artistas e profesionais máis variopintos do panorama galego e mundial. Aínda que isto non é todo por que esta entidade, non é máis que una coordinadora de eventos de relevancia que chegan das iniciativas de asociacións de cada rincón do noso municipio.

 

Cafetería Pazo de Mos

Este servizo é unha cesión de espazo das nosas instalacións que se renova cada dous anos, a través dun concurso aberto, cunhas bases establecidas, a calquera interesado principalmente con interese no sector de actividade.

É un espazo amplo, perfecto para unhas cervexas ou cafés coa familia ou amig@s. Excelente lugar, tranquilo e señorial para facer un alto no camiño. Inclúe dúas terrazas, ideais para a tempada de estío en especial.

Esta ao paso do Camiño Portugués interior, o segundo con máis concurrencia dos dez diferentes recoñecidos pola Xunta de Galicia, así que atoparemonos multiculturalidade tódolos días do ano.

Ademais fai periódicamente eventos culturais en colaboración coa fundación.

A utilización da cafetería para a contratación de un servizo de restauración negociarase directamente coa persoa concesionaria no teléfono 652666434. Estos servizos se prestarán nos espacios destinados a tal fin, entendendo como tales as instalacións dunha parte da cafetería do Pazo e a sala multiusos.

HORARIO (INVERNO): De 14.00 a 23.00h de luns a domingo

HORARIO (VERÁN): De 12.00 a 23.00h de luns a domingo

 

Centro de Interpretación

Ten como propósito dar a coñecer aos veciñas/os e a todos os cidadáns, o patrimonio cultural, arqueolóxico, etnográfico, e forestal de Mos. A difusión dos bens patrimoniais da nosa contorna ten como obxecto concienciar no coidado, protección e conservación dos elementos materiais e inmateriais que conforman a nosa cultura.

Queremos facer finca pé na importancia da posta en valor do recursos, por tratarse dun núcleo histórico de desenvolvemento do municipio, e un dos máis visitados de Mos, necesita dun coidado exquisito para que poida cumprir coas súas funcións económicas, sociais e ambientais.

Biblioteca

 

 

Sala de ordenadores

 Dispoñemos de varias computadoras para o uso normal de calquera usuario, e prioritario para estudiantes.

Taller de alfabetización dixital: Para familiarizarse co que atañe á información e coñecemento, dende a súa xeración e organización ate a súa utilización de maneira que sexan capaces de transformarla, utilizala ou transferila dixitalmente, cada luns de setembro a xuño desenvolvese esta actividade, cun número reducido de alumnos/as.

 

Transporte público

Actualmente o Concello pon a túa disposición un servizo de autobuses, Lanzadeira Azul, con enlaces que son moi útiles á hora de  chegar a calquera dos actos que se realizan na nosa entidade, esta é a información.

A lanzadeira azul

Correos – Trastiendas    Saída: 09.17h.    Chegada: 09.35h.   Saída: 14.26h.    Chegada: 14.43h.

Trastiendas – Correos    Saída: 12.39h.    Chegada: 12.59h.   Saída: 15.54h.    Chegada: 16.14h.

 

Unha compañía local que fai servizos regulares.

Autocares Lucho

Mos – Puxeiros – Vigo    Saída: 07.45h     Chegada: 08.15h.    Saída: 9.45h.      Chegada: 10.14h.

Vigo – Puxeiros – Mos

 

Monbus

Aínda que se o seu destino ou orixe é Redondela ou Pontevedra, esta é a súa parada e horarios:

Mos – Pontevedra          Saída: 07.04h.    Chegada: 07.50h.    Saída: 17.46h.    Chegada: 18.35h.

Pontevedra – Mos          Saída: 12.00h.    Chegada: 12.46h.    Saída: 19.00h.    Chegada: 19.46h.